miniatura|300px|
As revolucións e protestas no mundo árabe de 2010 a 2012, denominadas por distintos medios como a Revolución democrática árabeBassets, Lluís; Dejemos caer de una vez al Faraón . 1 de febreiro de 2011 (consultado o mesmo día).Obaji Ori, Konye; Afrik News: The Arab democratic revolution hits Egypt. 26 de xaneiro de 2011 (consultado o 29 de xaneiro de 2011).Pérez Tapias, José Antonio (congresista); www.elecosocialista.com. 18 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).The Malay mail; The Arab democratic revolution . 31 de xaneiro de 2011 (consultado o 1 de febreiro de 2011). ou a Primavera árabe,Fronteras de quita y pon en El País (12/05/2011). Consultado o 12/05/2011Pekín pide al mundo exterior que no interfiera en el conflicto sirio en ABC (12/05/2011). Consultado o 12/05/2011Internet, un arma de doble filo para la "primavera árabe" en terra (12/05/2011). Consultado o 12/05/2011El Ejército sirio sitia un barrio de Damasco en El Mundo (09/05/2011). Consultado o 12/05/2011La «primavera árabe» fuerza un acuerdo entre Hamas y Al Fatah en La Razón (28/04/2011). Consultado o 12/05/2011 (en , ar-rabīˁ al-ˁarabī) consisten nunha serie de alzamentos populares nos países árabes, principalmente do norte de África, cualificados como revolución pola prensa internacional, que comezou coa revolución tunisiana.
Causas
A revolución democrática árabe considérase a primeira gran vaga de protestas laicas e democráticas do mundo árabe no século XXI. As protestas, de carácter social e, no caso de Tunisia, apoiada polo exército, tiveron a súa orixe en factores estruturais e demográficos,Andrey Korotayev, Julia Zinkina. Egyptian Revolution: A Demographic Structural Analysis. Entelequia. Revista Interdisciplinar 13 (2011): 139-165. unhas condicións de vida duras arraigadas no desemprego, ao que se sumaban réximes corruptos e autoritarios. Estes réximes, nados dos nacionalismos árabes entre as décadas de 1950 e 1970, fóronse convertendo en gobernos represores que impedían unha oposición política crible que deu lugar a un baleiro enchido por movementos islamistas de diversa índole.
A isto hai que sumarlle a crise económica que afectou os países do norte de África, xunto con case todo o resto do mundo, e que os sumiu nunha pobreza máis intensa, subindo o prezo dos alimentos e doutros produtos básicos, e provocando a fame entre a poboación máis pobre.Ghaleb Jaber: "El pueblo árabe lidera una histórica revolución" . 1 de febreiro de 2011 (consultado o mesmo día).
Tunisia, o detonante A estas causas compartidas polos países da rexión súmanselle outras particulares. No caso de Tunisia, a cantidade de turismo internacional e en especial europeo que recibía conseguiu un maior arraigamiento das ideas occidentais; Tunisia posuía, ademais, un goberno menos restritivo. A súa economía estaba en mans dunhas poucas familias oligarcas que asumían moitas das filiais de grandes empresas estranxeiras, especialmente francesas, que monopolizaban os sectores turístico, financeiro, de distribución comercial, de telecomunicacións, dos seguros e da industria. O goberno de Ben Ali estaba ademais ben visto pola Unión Europea, con quen firmou un tratado de libre comercio en 2008, desprazando a súa industria alí debido aos baixos salarios tunisianos.Coggiola, Osvaldo; Túnez y la Revolución Árabe. 28 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).
O réxime de Ben Ali lograra un crecemento sostido, pero concentrado nunhas poucas clases ricas situadas nas costas norte e nordés, mentres que o resto do país era pobre. Esta pobreza incrementouse pola crise económica de 2008, que baixou o emprego e os salarios. Os parados chegaron (segundo cifras oficiais, probablemente á baixa) a situarse entre o 20 % e o 30 % da poboación do país, pero cunha porcentaxe do 60 % entre os menores de 30 anos, onde preto do 75 % da poboación non supera esa idade; hai que ter en conta as mulleres, que en Tunisia non sofren a represión islámica doutros Estados. Así, probablemente a falta de expectativas dunha vida exitosa para a xuventude foi un detonante maior que a falta dos produtos básicos.Villarejo, A.; ABC: Las claves de la «rebelión del malestar». 14 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).
Todo iso desembocou na inmolación ao bonzo, o 4 de xaneiro de 2011, dun mozo de 26 anos, Mohamed Bouazizi, por mor dos seus problemas económicos, desencadeando unha onda de manifestacións en Sidi Bouzid que se estendeu dende as periferias de Tunisia ata a súa mesma capital e rematou derrocando o goberno. Outra particularidade de Tunisia foi que, ao contrario que por exemplo en Libia e Siria, o seu Goberno non outorgara privilexios empresariais e cargos gobernamentais sistematicamente ao exército. Este púxose do lado do pobo tunisiano, desobedecendo as ordes de Ben Ali.Ruiz, Fran; La Crónica de Hoy: Primavera árabe . 28 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).
Situación por países Data de comezo Estado Data de final Tipo de protestas Reacción Número de mortos 9 de outubro de 2010 Sáhara Occidental Maio de 2011 Maior:Campamento de protesta, protestas maiores e ataques a oficinas gobernamentais. Negociacións entre o Ministerio do Interior de Marrocos e o comité do campamento de protesta (4 e 5 de novembro); intervención da policía para desmantelar o campamento (8 de novembro); disturbios no Aaiún e noutras poboacións; enfrontamentos entre manifestantes saharauís, policía e colonos marroquís (8 e 9 de novembro); cesamento do gobernador do Aaiún (26 de novembro). 18 (Marrocos oficial) 38 (Fronte Polisario) 17 de decembro de 2010 Tunisia Marzo de 2011 Caída do goberno:Autoinmolación de Mohamed Bouazizi; manifestacións de protestas nas rúas; protestas por toda a nación; ataques ás oficinas do partido no Goberno e tamén a algunhas comisarías de policía. • O presidente Ben Ali anunciou que non se presentaría ás eleccións en 2014 (13 de xaneiro).Tunisia President Ben Ali 'will not seek new term', BBC, January 13, 2011. • Caída do Goberno (14 de xaneiro) e eleccións lexislativas en seis meses (14 de xaneiro).Ben Ali fires govt, calls early elections , News24, January 14, 2011.• Caída do goberno de Ben Ali (14 de xaneiro): o presidente e a súa familia fuxiron do país (14 de xaneiro).Tunisia riots: President Ben Ali flees as chaos hits country, The Telegraph, January 14, 2011.• Mohamed Ghannouchi formou un Goberno de "unidade nacional" (17 de xaneiro).Tunisia forms national unity government amid unrest, BBC, January 17, 2011.• O partido político de Ben Ali disolveuse (20 de xaneiro)Tunisia's former ruling party disbands leadership, joins with new government, Los Angeles Times, January 21, 2011. e os seus membros foron expulsados do Goberno (27 de xaneiro)Allies of deposed president removed from Tunisia's transitional government , Irish Times, January 28, 2011. e suspendidos (6 de febreiro).Tunisia's Former Ruling RCD Party Suspended, RTT News, February 6, 2011. 223Tunisia protests against Ben Ali left 200 dead, says UN, BBC, February 1, 2011. 28 de decembro de 2010 Alxeria Abril de 2011 Maior:Grandes protestas nas rúas. Inmolacións. O presidente Bouteflika prometeu a fin do estado de emerxencia promulgado dende había 19 anos nun futuro moi próximo (3 de febreiro); o primeiro ministro Ahmed Ouyahia dixo que o estado de emerxencia se eliminaría a finais de mes (16 de febreiro). 8 12 de xaneiro de 2011 Líbano Decembro de 2011 Menor:Protestas menores.Revoltas populares convocadas nas redes sociais. 17 14 de xaneiro de 2011 Xordania Decembro de 2011 Cambios no goberno:Protestas menores e manifestacións nas rúas. O rei Abdullah II anunciou a caída do primeiro ministro e a convocatoria dun novo Goberno.King Abdullah II of Jordan sacks government amid street protests, The Telegraph, February 1, 2011. 1.http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/25/internacional/1301072332.html 17 de xaneiro de 2011 Maio de 2011 Menor:Autoinmolación.2 17 de xaneiro de 2011 Abril de 2011 Menor:Protestas menores. 1 17 de xaneiro de 2011 Omán Maio de 2011 Cambios no goberno:Protestas menores. O sultán Qaboos anunciou un incremento no salario mínimo dos empregados no sector privado de 140 rials (268 euros) a 200 rials (382 euros).Bahrain protesters urge more pressure on rulers , The Washington Post, February 16, 2011.6 21 de xaneiro de 2011 Maio de 2011 Menor:Inmolacións e violencia nas rúas. A policía detivo as protestas 15 minutos despois de comezaren. De 30 a 50 detidos. 8http://www.bbc.co.uk/news/world-middle-east-16543013 25 de xaneiro de 2011 Exipto 30 de xuño de 2012 Caída do goberno: Autoinmolacións; grandes altercados nas rúas; protestas por toda a nación; ataques contra comisarías e oficinas; enfrontamento entre protestantes e afíns ao Goberno; ocupación de espazos públicos. Caída do goberno de Mubarak (11 de febreiro de 2011) 846 26 de xaneiro de 201115 de marzo de 2011 Siria Conflito armado:Auto-inmolacións; protestas maiores; moitos falecidos O presidente Bashar al-Assad permitiu a liberación de presos e detidos políticos, concesións políticas a islamistas e minoría kurda, formación dun novo Goberno. Derogación do estado de emerxencia vixente desde 1963. Promesas de cambios políticos. Unhas 12.000 persoas fuxiron da violencia cara a Turquía, segundo fontes gobernamentais turcas. As protestas xurdidas en todo o país foron duramente reprimidas, cun saldo de 5.300 mortos segundo a ONUhttp://www.europapress.es/internacional/noticia-mas-5300-personas-podrian-haber-muerto-siria-20110921105106.html e uns 10.000 arrestados. Tamén houbo protestas multitudinarias en apoio ao Goberno. No mes de xuño comezaron levantamentos armados, con numerosos asasinatos de membros da policía e de civís leais ao Goberno.7.500-9.044 http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/04/internacional/1330849445.htmlhttp://www.europapress.es/internacional/noticia-activistas-denuncian-7100-muertos-siria-ellos-mas-460-ninos-20120201135353.html 27 de xaneiro de 2011 Iemen 27 de febreiro de 2012 Caída do goberno:Disputas internas no Goberno en contra o presidente; protestas nas rúas e enfrontamentos entre opositores e partidarios do goberno, ao bordo dunha guerra civil. O vicepresidente Abd Rabbuh Mansur al-Hadi proclamouse presidente tralas eleccións do 21 de febreiro de 2012.O presidente Saleh anunciou que non se presentaría ás eleccións de 2013 O presidente iemení, Ali Abdullah Saleh, resultou ferido o 3 de xuño no bombardeo do palacio presidencial. Saleh, operouse nun hospital de Riad, mentres que en Saná o vicepresidente Abd Rabbuh Mansur al-Hadi colleu as rendas do país e logrou un pacto de alto o fogo coun importante líder opositor tribal. Caída do goierno de Saleh (27 de febreiro de 2012).