1789 (MDCCLXXXIX) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano. Neste ano dáse un dos finais propostos da Idade Moderna para dar paso á Idade Contemporánea, co inicio da Revolución francesa, cuxas repercusións afectarían non só a Europa, senón tamén ao resto do mundo.

Acontecementos Europa

18 de agosto - Revolta revolucionaria en Liexa. 6 de novembro - O papa Pío VI nomea o sacerdote John Carroll como primeiro bispo católico dos Estados Unidos.

España

Derrogada a Lei sálica, promulgada en fins do século V durante o goberno de Clodoveo I.

Galicia

Francia En marzo, elección dos Estados Xerais. 5 de maio - Apertura dos estados xerais en Versalles. 17 de xuño - Proclamación da Asemblea Nacional. 13 de xullo - Creación dunha garda burguesa para asegurar a orde na capital, cun efectivo de 48 000 homes. Os oficiais e soldados son elixidos. Dende o día seguinte, 14 de xullo, participa na toma da Bastilla, e o 15, é posta baixo o mando do xeneral Marqués de La Fayette e toma o nome de Garda Nacional. Inicio da Revolución francesa. 14 de xullo - Toma da Bastilla en París. 17 de xullo - O Marqués de La Fayette fai adoptar a insignia tricolor á Garda Nacional. 4 de agosto - Noite do 4 de agosto: Abolición dos privilexios feudais pola asemblea nacional constituínte (4-11 de agosto). 26 de agosto - Declaración dos dereitos do home e do cidadán. 5 de outubro - Marcha das mulleres por París: o 6, o rei é levado a París. 2 de novembro - Nacionalización dos bens do clero. 14 de decembro - Lei sobre as municipalidades. 22 de decembro - Lei sobre os departamentos. 27 de decembro - Emancipación dos protestantes e dos xudeus do sur.

África

América

América do Norte

7 de xaneiro - Primeiras eleccións presidenciais nos Estados Unidos, un mes máis tarde, George Washington é designado presidente. 4 de marzo - Entrada en vigor da Constitución dos Estados Unidos (trece anos despois da Declaración de independencia). 6 de abril - Proclamación da elección de George Washington, primeiro presidente dos Estados Unidos (ata 1797). 30 de abril - Comeza o goberno de George Washington como presidente. 21 de novembro - A Carolina do Norte ratifica a Constitución e tornase o 12º estado dos Estados Unidos.

América Latina

10 de maio - Preso o patriota brasileiro Joaquim José da Silva Xavier, coñecido como Tiradentes.

Asia

Oceanía

28 de abril - Comezo do motín no Bounty. O viaxeiro escocés Alexander MacKenzie remonta o río MacKenzee, que dende entón leva o seu nome.

Oriente Próximo & Mundo Árabe

Inicio do sultanado otomán de Selim III (ata 1807).

Arte

Ciencia 28 de agosto - A lúa de Saturno, Encélado, é descuberta por Fredrick William Herschel.

Acontecementos de maior duración

Revolución francesa (1789-1799)

Nacementos 5 de febreiro - José Ramón Rodil y Campillo, xeneral galego (m. 1853) 16 de marzo - Georg Simon Ohm, físico alemán (m. 1854) 19 de xullo - John Martin, pintor británico 21 de agosto - Augustin-Louis Cauchy, matemático francés 15 de setembro - James Fenimore Cooper, escritor norteamericano.

Mortes

7 de abril - Abdul Hamid I, sultán otomán 4 de xuño - Louis Joseph François Xavier de Bourbon, delfín de Francia, de tuberculose 15 de xullo - Jacques Duphly, compositor e organista francés

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1789