é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 1997.
En galego, estreouse na TVG o 25 de decembro do 2012.
Sinopse Todos os homes buscan a perfección... Mais, que acontece se este desafío te conduce ata a mesma morte?
O pequeno e inocente estudante Shinichi Kudo, baixo o sobrenome de Conan, é desafiado por un terrorista de moito caletre que planeou unha grande ameaza sobre unha cidade grande e moi poboada. Na busca do delincuente, Conan deberá pasar por unha serie de probas complicadas e emocionantes, pero ao ser un gran detective, logra centrar as súas sospeitas nunha soa persoa.
Conan recibe un convite a unha festa dun sobranceiro arquitecto, que basea os seus deseños na simetría. Aceptando a invitación, e despois de resolver unha adiviña, Conan e a súa amiga Ran visitan a galería do arquitecto.
Logo dunha semana, Ran cítase con Shinichi. Mentres espera no vestíbulo do cine, unha gran cantidade de explosivos plásticos estoupa. Isto continúase cunha serie de ataques incendiarios. Co seu maxín e as súas ferramentas de detective, Conan deberá salvar tamén os seus amigos dunha avioneta de xoguete no parque. E despois, recibirá unha chamada do culpable que lle conta que hai unha serie de explosivos en varios puntos estratétixos da rede de ferrocarrís. A vida de Ran está en perigo! Ao decatarse do próximo obxectivo das explosións, Conan corre para o cine; porén, unha sección do edificio xa estoupara. Conan sortea os cascallos para intentar rescatar a Ran, que está dentro atrapada. No momento no que acontece outra explosión deberá tomar unha decisión e cortar un dos dous cables finais para salvar as vidas de todos.
Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2012. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OhtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiAxente ShiratoriMonti CastiñeirasKaneto ShiozawaTeiji MoriyaMiguel PernasTaro IshidaMina KurokawaNora AbadTomoto MiyaredaDaisuke Kurokawa Antón RubalKazuhiro YamajiManami Nakazawa Beatriz GarcíaKayoko FujiKohei OkamotoManolo PombalShuntaro TanigawaAlcalde OkamotoAndrés BellasJin HiraoDirector Sakaguchi Antón CancelasYuzuru FujimotoKusonoki César CambeiroYuji FujishiroAnciá Miriam AldreiAko MayamaPresentador de TV Manolo PombalMiedai NomuraEmpregada de hamburguesaría Nora AbadAsako DodoMotorista Andrés BellasKazuya IchijoMozo da bicicleta César CambeiroAko MayamaDoutor Antón JaKazuhiro Yamaji
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Happy Birthday" ("Feliz aniversario"), interpretada por Kyoko.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 1998.
Véxase tamén
Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes de 1997 con versión en galego