Beach House é un dúo estadounidense de dream pop procedente de Baltimore, Maryland e formado no ano 2004. A banda está composta por Victoria Legrand (voz, teclado) e Alex Scally (voz, guitarra). O primeiro álbum do grupo, o auto-titulado Beach House (2006), foi aclamado pola crítica, e foi seguido por Devotion no ano 2008. O seu terceiro traballo, Teen Dream, apareceu en xaneiro do 2010 con boas críticas e éxito comercial e posteriormente editaron Bloom no ano 2012. En 2015 a banda publicou dous novos álbums, Depression Cherry e Thank Your Lucky Stars. O seu derradeiro traballo é 7, aparecido en maio de 2018.

Discografía Álbum Ano Selo Beach House 2006 Carpark Devotion 2008 Carpark Teen Dream 2010 Sub Pop Bloom 2012 Sub Pop Depression Cherry 2015 Sub Pop, Bella Union, Mistletone Thank Your Lucky Stars 2015 Sub Pop, Bella Union 7 2018 Sub Pop, Bella Union, Mistletone Once Twice Melody 2022 Sub Pop

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Perfil da banda en Facebook

Categoría:Grupos musicais de Maryland Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais formados en 2004