Non confundir con Urbano Feijoo Sotomayor Ron (†1959).
Urbano Feijoo Sotomayor, nado en Bamio en 1808 e finado en Viana do Bolo o 10 de agosto de 1898El Diario de Pontevedra 19-8-1898, p. 3., foi un empresario e político galego, irmán de Camilo Feijoo de Sotomayor Traxectoria Comerciante na Habana, accionista do ferrocarril de Sagua e vocal da Xunta de Auxilio. En 1853 aprobouse o seu proxecto de colonización galega da illa de Cuba, que se empezou a realizar a partir de 1854. A xustificación do proxecto era a salvación de moitos galegos que atravesaban un período de fame severa polas malas colleitas, mais en realidade a intención final era a salvación dos enxeños de azucre que xestionaba na illa. O operativo levou á illa de Cuba 2000 galegos en condicións de escravitude. Urbano Feijoo foi o exclusivo beneficiario. Rematou ao ano seguinte, debido ao escándalo que provocou. O negocio rematou sen a condena do contratista e evitando o Estado a súa responsabilidade. miniatura|page=7|Memoria escrita por Urbano Feijoo: Isla de Cuba. Inmigración de trabajadores españoles, publicada na Habana en 1853 para xustificar a súa empresa Foi deputado no Congreso por Ourense (1854), por Verín (abril de 1872) e polo distrito de Matanzas (Cuba) en 1881.
Casou con Carlota Robleda.
Obras Isla de Cuba : Inmigración de trabajadores españoles. Documentos y memorias escritos sobre esta materia . A Habana, 1853.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Alberto. "FEIJOO DE SOTOMAYOR, Urbano". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Ligazóns externas Lombardero, Gerardo (18/11/2010). "El escándalo de la trata de emigrantes de Galicia en Cuba durante el siglo XIX" La Nueva España. Ficha en Xenealoxia.org Crónicas: Emigración gallega (8/10/2015). Televisión Española .
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Finados en 1898 Categoría:Nados en 1798 Categoría:Nados en Coles Categoría:Escravitude