Gulpilleiras é un lugar da parroquia de Piñeira no concello lugués da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2020 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).

Descrición O nome deste pobo procede do latín VULPES (golpe, raposa). Esta poboación está a 570 m de altitude. En Gulpilleiras atópase o escudo de armas dun dos sete antigos fidalgos da Fonsagrada, situado na casa de Fidalgo. No escudo aparecen representadas tres pombas, un rei, a flor de lis e a lúa e mais as estrelas.

Lugares e parroquias Lugares de Piñeira

Parroquias da Fonsagrada

Notas

Véxase tamén Outros artigos A Gulpilleira. Golpilleira. A Golpilleira. Golpilleiras. As Golpilleiras.

Categoría:Lugares da Fonsagrada

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos