Explorer 12, tamén denominado EPE-A, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 16 de agosto de 1961 mediante un foguete Delta desde Cabo Cañaveral.

Características Explorer 12 foi o primeiro membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos o vento solar, e o campo magnético terrestre e interplanetario.

O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 12 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase. O satélite funcionou sen problemas ata o 6 de decembro de 1961, día en que deixou de transmitir, posiblemente debido a un problema de enerxía. Obtivéronse datos útiles durante o 90% da vida do satélite. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 28 r.p.m., co eixo apuntando a unha ascensión recta de 48 graos e unha declinación de -28 graos. A dirección do eixo de rotación mantívose aproximadamente constante durante o tempo da misión, e a velocidade de rotación aumentou ata as 34,3 r.p.m.

Explorer 12 foi inxectado nunha órbita inicial de 76.632 km de apoxeo e 773,9 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,43 graos e un período de 1587,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de setembro de 1963.

Instrumentos Explorer 12 levaba os seguintes instrumentos a bordo:

Analizador electrostático de plasma solar Magnetómetros de porta de fluxo Medidor de partículas cargadas Experimento de dano a células solares Detector de centeleo de protóns-electróns Detector de raios cósmicos

Resultados Explorer 12 foi pioneiro na exploración da magnetosfera terrestre, identificando por primeira vez a magnetopausa e mellorando os coñecementos sobre os cintos de Van Allen, establecendo que se trata dunha única rexión de partículas cargadas, e que as tormentas xeomagnéticas poden chegar a ser o resultado das erupcións solares. Tamén deixou claro que a radiación no contorno terrestre non era impedimento para os voos tripulados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Explorer 14 Explorer 15 Explorer 26

Categoría:Energetic Particles Explorer