Renovación foi un periódico editado en Ponteareas entre 1931 e 1936.
Historia e características Órgano da Casa del Pueblo de Ponteareas, apareceu en maio de 1931. De tendencia socialista, estivo dirixido por Ramón Rodríguez e Benito Casasnovas, concelleiro do PSOE e deputado provincial. Contou con colaboracións de militantes da bisbarra do Tea, como José Antonio Fernández Vega, Javier Estévez Viana, Carmen Parada e Germán Veiga; de Vigo, como Enrique Heraclio Botana e de Galicia, como Regina García García. Recolleu información sobre o partido, a UGT e a FNTT. Durante os dous primeiros anos da República mantivo unha política de colaboración coa actuación gobernamental. Despois da vitoria dos radicais e cedistas en novembro de 1933, a súa liña articulouse sobre de tres puntos: necesidade de manter as conquistas do primeiro bienio, oposición ao Goberno e xustificación da revolución. Deixou de editarse en outubro de 1934 por suspensión gobernativa e volveu aparecer en xuño de 1935. A partir desta data radicalizou o seu contido, ao reclamar un achegamento ao PCE e a fusión de todas as organizacións proletarias, políticas e sindicais. En xuño de 1936 apoiou o Estatuto de Galicia. Cesou a súa publicación en xullo de 1936.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Catálogo de publicacións periódicas do Arquivo da Emigración Galega pp. 176-177.
Categoría:Prensa escrita de Ponteareas Categoría:Prensa socialista Categoría:1931 en Galicia