Rosa Mariscal Peña, nada en Madrid o 20 de xaneiro de 1970 e finada na mesma cidade o 22 de abril de 2022, foi unha actriz española.

Traxectoria

Traballou en varias películas, obras de teatro e series de televisión, sendo a que lle deu unha maior popularidade Hospital Central, onde encarnou durante máis de tres anos o personaxe da pediatra Andrea Valverde. Na serie, destacou, sobre todo, pola súa relación de amor con Vilches (Jordi Rebellón). En cine destacaron os seus traballos en películas como Cando volvas ó meu lado (1999), de Gracia Querejeta ou Amor, curiosidad, prozak y dudas (2001), de Miguel Santesmases.

Realizou varios cursos de interpretación escénica, teatro, danza e voz.

Filmografía Filmes Resultado final (1998), de Juan Antonio Bardem. Agujetas en el alma (1998), de Fernando Merinero. Cando volvas ó meu lado (1999), de Gracia Querejeta Amor, curiosidad, prozak y dudas (2001), de Miguel Santesmases.

Curtametraxes Cuando cae la tarde Sótano (1997) Se fue (1997), de Jacobo Martos. El sueño del oso hosmiguero Cuerdas (2000) ¿Y si se lo digo? (2001), de Eva Norberto. Aliento (2001), de Daniel Azancot. Pneuma (aire) (2001). Ella nunca duerme (2002). Elisa Guzmán (2004), de Sonia Sebastián. Una cierta idea de felicidad (2005), de Javier Asenjo. Limbo (2006), de Miguel Ángel P. Prieto.

Televisión La otra familia (1996) Señor Alcalde (1998) Periodistas (1998) Hospital Central (2000-2003) como Dra. Andrea Valverde. Siete Vidas (2006) Herederos (2008)

Teatro Todos eran mis hijos Poeta en Nueva York Yerma Fuenteovejuna El baile de las máscaras Las pelópidas Una bala perdida Rigoleto y los tres pelos del diablo (marionetas)

Premios Premio de Baleares entregado como mellor actriz de televisión, na discoteca Tyto's de Palma por Hospital Central. Premio de Palmarés (2001) como mellor actriz pola curtametraxe ¿Y si se lo digo? de Eva Norberto. Festival de Cine Español de Málaga 2001: Mención especial do xurado xunto con Pilar Punzano, Silvia Marsó e Esther Ortega por Amor, curiosidad, prozak y dudas (2001).

Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Actores de Hospital Central Categoría:Personalidades sen imaxes