O Partido Comunista de Austria (en alemán: Kommunistische Partei Österreichs, ou KPÖ) é un partido comunista austríaco. Fundado en 1918, foi prohibido entre 1933 e 1945 baixo o réxime austrofascista, e o dominio alemán en Austria na segunda guerra mundial. Tivo un importante papel na resistencia contra os nazis e o fascismo.
O partido publica un periódico chamado Volksstimmen (anteriormente Volksstimme) e preséntase ás eleccións, porén, non tivo representación parlamentaria federal dende 1959. Despois de perder o seu último representante no parlamento estatal, en Estiria en 1970, converteuse nun movemento marxinal con escasa importancia política. Nas eleccións celebradas o 22 de novembro de 2002 para o Consello Nacional, conseguiu só o 0.56% dos votos (27.568 dos 4.909.645), moi por debaixo do 4% mínimo para ter representación no Consello Nacional. Porén, conseguiu un 20% dos votos nas eleccións locais de Graz, no 2003, conservando esta fortaleza no 2012,Graz: KPÖ stellt Bedingungen e no 2005 volveu por primeira vez en 35 anos ao parlamento estatal, despois de conseguir o 6.3% dos votos en Estiria.
Forma parte do Partido da Esquerda Europea.
Eleccións recentes Resultados das últimas eleccións Ano Localización Porcentaxe de votos recibidos 2006 Austria 1.01% ( 0.45%) 2005 Viena 1.47% ( 0.83%) 2005 Estiria 6.32% ( 5.31%) 2004 Europa 0.78% (¿?) 2004 Carintia 0.6% (¿?) 2003 Alta Austria 0.80% (¿?) 2003 Baixa Austria 0.77% (¿?) 2004 Tirol 0.70% (¿?) 2002 Austria 0.56% ( 0.08)
Despois de chegar ao seu mínimo histórico na maioría das eleccións da década de 1990, o KPÖ recuperou pouco a pouco. Dende o 2 de outubro de 2005, o partido está representado con catro escanos en Estiria. Debido a este éxito rexional e á repercusión que tivo nos medios de comunicación, o KPÖ logrou o 1.47% dos votos nas eleccións de Viena do 23 de outubro de 2005. Esta duplicación dos votos debeuse en parte en que se rebaixou a idade mínima para votar aos 16 anos, por primeira vez. O partido conseguiu de novo representación nos distritos, algo que non lograba dende 1991.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Official homepage of the KPÖ Young Communists Austrian Communist Youth KomInform (seceded from the KPÖ) KPÖ Graz Campaign for the Ernst-Kirchweger-House (EKH)
Categoría:Partidos comunistas Categoría:Partidos políticos de Austria