O Foro Enrique Peinador ou Foro Peinador é unha institución que busca fomentar a normalización e o uso do galego no mundo da empresa e da economía, tanto no traballo e na comunicación nas empresas, como no contido dos produtos e na súa promoción e etiquetaxe.

Para lograr os seus obxectivos o Foro Peinador realiza actos, como a promoción dos produtos etiquetados en galego e encontros con empresarios de todos os sectores.

O actual presidente é Xosé González Martínez.

Recoñecemento Recibiu a Medalla de Ouro do Concello Mondariz Balneario en 2019.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premios de Publicidade en Galego

Ligazóns externas Páxina web oficial Facebook do Foro

Categoría:Entidades de promoción do galego