José Luis García Casasnovas, nado en Ribadavia o 23 de xaneiro de 1936, é un político galego. Traxectoria Fillo de Gregorio García Rodríguez. Funcionario do Instituro Nacional de Seguridad Social (INSS) e técnico en radiodifusión. Foi correspondente dos periódicos Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, La Región, Vida Gallega e Diario de Pontevedra e das emisoras RNE, La Voz del Miño e Radio Orense en Ribadavia. Colaborou con Radio Juventud de Ribadavia e foi presidente do Ribadavia Atlético. Foi conselleiro local do Movimiento, tenente de alcalde e alcalde de Ribadavia. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas por AP. Foi presidente do Consello Asesor de RTVE-G (2006).

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes