Emilio González Afonso, nado en Verín o 25 de abril de 1954, é un médico e político galego.
Traxectoria Integrado en Coalición Galega, foi candidato ás autonómicas de 1985, pero non saíu elixido, aínda que finalmente foi parlamentario autonómico dende setembro de 1986 en substitución de Senén Bernárdez Álvarez. Foi candidato á alcaldía de Verín nas eleccións municipais de 1987 pola CPG, logrando 1 concelleiro. Nas municipais de 1991 foi elixido novamente concelleiro, nesta ocasión polo PPdeG. Pouco tempo despois, o grupo municipal abandonou o partido, e o 17 de outubro de 1991 foi elixido alcalde de Verín mediante unha moción de censura co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOELa Voz de Galicia, 18-10-1991, p. 31.. Nas municipais de 1995 encabezou a Plataforma de Independentes de España e logrou 4 concelleiros, perdendo a alcaldía en favor do PPdeG tras lograla maioría absoluta.
En marzo de 1997 integrouse no PSdeG-PSOELa Voz de Galicia, ed. Ourense, 02-03-1997, p. 54. e encabezou a candidatura socialista nas municipais de 1999 e 2003, sen lograr recupera-la alcaldía. Foi deputado provincial entre 1999 e 2003. En abril de 2004, e tras perder o ano anterior o PPdeG a maioría absoluta, foi elixido alcalde mediante unha moción de censura co apoio de Verinenses Independente e o BNG, pasando encabezar un goberno tripartito. Tras un final de mandato un tanto convulso, abandonando o BNG o goberno en xuño de 2006El Bloque confirma la ruptura del gobierno tripartito de Verín, nas municipais de 2007 perdeu a alcaldía tras recuperar o PPdeG a maioría absoluta. Continuou como portavoz do grupo socialista na oposición, concorrendo de novo como candidato do PSdeG nas municipais de 2011, quedando novamente na oposición tras revalidar o PPdeG a maioría absoluta. Permaneceu como portavoz e concelleiro ata o final do mandato en 2015.
En xullo de 2018, trala chegada de Pedro Sánchez ao goberno de España, foi nomeado subdelegado do goberno na provincia de Ourense. Mantívose á fronte da Subdelegación ata a súa xubilación en abril de 2024Emilio González Afonso deja este martes su cargo de subdelegado de Gobierno en Ourense.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Verín
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por CG Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1954 Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Subdelegados do goberno en Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes