Environmental Research Satellites, ou abreviadamente ERS, foi o nome dun tipo de satélites artificiais estadounidense adicado á realización de medicións e experimentos tecnolóxicos e de enxeñería no espazo.
Segundo o modelo, os satélites ERS variaban en masa de 0,7 a 45 kg, en tamaño de 22 a 51 cm de diámetro, e podían levar entre un e 14 experimentos a bordo. Para abaratar custos, os satélites ERS eran lanzados como carga secundaria xunto con satélites máis grandes. Unha das funcións principais dos experimentos dos ERS era determinar a fiabilidade de compoñentes mellorados e subsistemas destinados a ser usados en satélites posteriores.
Unha características especial dos satélites ERS era que funcionaban sen batería, tan só usaban células solares integradas na superficie dos satélites.
Lanzáronse ata 33 satélites do tipo ERS tanto desde a base de Cabo Cañaveral como desde a Base Vandenberg da Forza Aérea e mediante foguetes Atlas e Delta.
Os ERS dividíanse en diferentes familias que usaban diferentes designacións:
TRS (Tetrahedron Research Satellite): foron dos primeiros satélites ERS e tiñan forma tetraédrica. ORS (Octahedron Research Satellite): tiñan forma octaédrica. OV5 (Orbiting Vehicle). TTS (Test and Training Satellite).
Varios dos satélites non se lanzaron por ser prototipos ou non se dispón de información sobre eles. Son os ERS 11 (prototipo) e os ERS 14, 19 e do 22 ao 25 inclusive (sen datos).
Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 17 de setembro de 1962 Base Vandenberg TRS 1 (ERS 2) Éxito parcial Primeiro lanzamento dun satélite ERS. 11 de novembro de 1962 Base Vandenberg ERS 1 Fallo 17 de decembro de 1962 Base Vandenberg ERS 3 Fallo 17 de decembro de 1962 Base Vandenberg ERS 4 Fallo 9 de maio de 1963 Base Vandenberg TRS 2 (ERS 5) Éxito 9 de maio de 1963 Base Vandenberg TRS 3 (ERS 6) Éxito 12 de xuño de 1963 Base Vandenberg ERS 7 Fallo 12 de xuño de 1963 Base Vandenberg ERS 8 Fallo 19 de xullo de 1963 Base Vandenberg TRS 4 Éxito 19 de xullo de 1963 Base Vandenberg ERS 10 Fallo O satélite non se separou do satélite principal, Midas 9. 17 de outubro de 1963 Cabo Cañaveral TRS 5 Éxito 17 de xullo de 1964 Cabo Cañaveral TRS 6 Éxito 20 de xullo de 1965 Cabo Cañaveral ORS 3 Éxito 9 de xuño de 1966 Base Vandenberg ORS 2 Éxito parcial 19 de agosto de 1966 Base Vandenberg ORS 1 Éxito 28 de abril de 1967 Cabo Cañaveral ORS 4 Éxito 28 de abril de 1967 Cabo Cañaveral OV5 1 Éxito 28 de abril de 1967 Cabo Cañaveral OV5 3 Éxito 13 de decembro de 1967 Cabo Cañaveral TTS 1 Éxito 16 de agosto de 1968 Base Vandenberg OV5 8 Fallo 26 de setembro de 1968 Cabo Cañaveral OV5 2 Éxito 26 de setembro de 1968 Cabo Cañaveral OV5 4 Éxito 8 de novembro de 1968 Cabo Cañaveral TTS 2 Éxito 23 de maio de 1969 Cabo Cañaveral OV5 5 Éxito 23 de maio de 1969 Cabo Cañaveral OV5 6 Éxito 23 de maio de 1969 Cabo Cañaveral OV5 9 Éxito 27 de agosto de 1969 Cabo Cañaveral TTS 3 Fallo 29 de setembro de 1971 Cabo Cañaveral TTS 4 Éxito Último voo dun satélite ERS.
Notas
Categoría:Environmental Research Satellites