José Recimil Tábora, nado en Curantes (A Estrada) o 17 de setembro de 1929 e finado en Sarria o 19 de xuño de 2021, foi un político galego.
Traxectoria
Foi xefe dos servizos técnicos de Zeltia en Ourense. Logo de aprobar a oposición para técnico de extensión agraria, foi destinado en 1962 á axencia de Extensión Agraria de Ribadeo. Despois pasou a Ordes, Carballo, Monterroso, Mondoñedo e comarcal de Lugo, para rematar como xefe provincial do Servizo de Extensión Agraria de Lugo.La Voz de Galicia, Lugo, 24-1-1995, p. 36.
Foi candidato de UCD ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas. Non resultou elixido, pero tomou posesión como parlamentario o 23 de marzo de 1983 substituíndo a Flora Veiga. Posteriormente ingresou en Coalición Galega. Volveu ser candidato, neste caso polo PPdeG, nas eleccións autonómicas de 1993, sen ser elixido, pero de novo tomou posesión como parlamentario o 12 de setembro de 1995 substituíndo a Nazario Pin. Foi presidente da Asociación micolóxica A Muiñeira de Sarria, e afeccionado á apicultura.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados na Estrada
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes