Para outro significado, véxase Coiraza (tartarugas).
miniatura|Coiraza. A coiraza, termo derivado do latín coriacea, feminino de coriaceus, "de coiro", é unha peza da armadura, ríxida, que pode estar confeccionada con materiais moi diversos, entre eles ferro, bronce, aceiro, coiro endurecido ou até madeira, deseñada para a protexer o torso.
Orixinalmente tratábase dunha soa peza pectoral de coiro,De onde deriva o seu nome. moldeada coa forma desexada.
Por extensión, tamén se chaman coirazas as armaduras formadas por dúas pezas feitas de coiro ou metal.
Descrición Unha coiraza consistía nunha armadura ríxida para protexer o torso dun soldado ou guerreiro. Habitualmente compoñíase de dúas partes: unha para protexer o peito, denominada peto ou plastrón, e outra para o lombo, o espaldar, aínda que tamén, como no caso da lorica segmentata romana, podía ter reforzos nos flancos do pescozo e nas ombreiras, para protexer os deltoides.
Sobre as coirazas de coiro podíanse coser elementos metálicos, tiras de coiro para reforzala ou mallas de ferro entretecidas (cotas e cotas de malla).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Acoirazado Armadura
Categoría:Armadura Categoría:Armas