miniatura|230px|Gamba branca (Parapenaues longirostris). miniatura|230px|Litopenaeus setiferus, unha gamba norteamericana. A dos dendrobranquiados (Dendrobranchiata) é unha suborde de crustáceos decápodos coñecidos como gambas, e como lagostinos os de maior tamaño, dos que están descritas 540 especies reunidas en sete familias, e cun rexistro fósil que se estende até o período devoniano.

Diferéncianse doutros animais relacionados, tales como os Caridea (os camaróns) e os Stenopodidea (os chamados camarões limpadores en portugués), pola forma en que se ramifican as branquias (ao que deben o seu nome)Do grego βράγχια, brágchia, plural de βράγχιον brágchion, "branquia", a través do latín científico branchia, e δένδρον déndron, "árbore".) e polo feito de que as femias non incuban os ovos, senón que os liberan directamente na auga.

Teñen o terceiro par de pereiópodos quelado, coa excepción dalgunhas especies que o presentan reducido, e a pleura do segundo somito do abdome non se sobrepón á do primeiro.

Saen do ovo con forma nauplius e pasan no seu desenvolvemento polas fases larvais de protozoea, zoea e poslarva.Farzana Yousuf (2006): "Diagnostic characters of the suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", da tese "Systematic Study and Distribution of Planktonic Shrimps of the Family Sergestidate in the Indian Ocean Collected by the International Indian Ocean Expedition", PDF . Higher Education Commission of Pakistan. Consultada o 2/01/2013.

De pequeno tamaño, poden alcanzar unha lonxitude de até 330 mm, e unha masa de até 450 g, e son amplamente pescados e criados para o consumo humano.

Taxonomía Superfamilia Penaeoidea Rafinesque-Schmaltz, 1815 Familia Aciculopodidae † Feldmann & Schweitzer, 2010 Unha única especie do Devoniano: Xénero Aciculopoda Aciculopoda mapesi Familia Aegeridae † Burkenroad, 1963 con 2 xéneros do Mesozoico: AegerTavares & Martin, 2010, p. 151 Acanthochirana Familia Aristeidae Wood-Mason, 1891 con 26 especies viventes en 9 xéneros, e un xénero fósil Tavares & Martin, 2010, p. 152 Familia Benthesicymidae Wood-Mason, 1891 con 41 especies en 4 xéneros Familia Carpopenaeidae † Garassino, 1994 con 2 especies do cretáceo no Xénero Carpopenaeus Tavares & Martin, 2010, pp. 152–153 Familia Penaeidae Rafinesque-Schmaltz, 1815 con 216 especies viventes en 26 xéneros, e varios xéneros extintos, os máis deles do Mesozoico Tavares & Martin, 2010, p. 153 Familia Sicyoniidae Ortmann, 1898 con 43 especies no Xénero Sicyonia Tavares & Martin, 2010, p. 154 Familia Solenoceridae Wood-Mason, 1891 con 81 especies en 9 xéneros Tavares & Martin, 2010, p. 155 Superfamilia Sergestoidea Dana, 1852 Familia Luciferidae De Haan, 1849 con 7 especies do Xénero Lucifer Familia Sergestidae Dana, 1852 con 90 especies vivas en 6 xéneros, e dous xéneros monotípicos extintos.Tavares & Martin, 2010, p. 156

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3.

Outros artigos Crustáceos Decápodos Pleociemados Ligazóns externas Dendrobranchiata en NCBI.

Categoría:Dendrobranquiados Categoría:Produtos da pesca