Francisco Xabier Casares Mouriño, nado en Xinzo de Limia o 10 de abril de 1946, é un médico e político galego. Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como pediatra. Foi director médico do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense. Militante do PSdeG, foi concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais na cidade de Ourense, onde vivía, entre 1991 e 1995, sendo o seu alcalde Manuel Veiga Pombo. En paralelo, nese mandato foi portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense. Tralas eleccións de 1995 foi portavoz municipal do PSdeG en Ourense así como coordinador provincial do partido.

Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 1997, ano no que ademais accedeu ao Comité Federal do PSOE. En outubro de 1998 renunciou como concelleiro e coordinador para centrarse, pasando a centrarse na súa labor no Parlamento. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001. Deixou o Parlamento en abril de 2002.

Como irmán de Carlos Casares, na actualidade (2021) é o presidente da Fundación que leva o nome do escritor. Ademais, é presidente do Liceo Recreo Ourensán, unha institución cultural da cidade de Ourense.

Vida persoal Foi irmán de Carlos Casares e, por tanto, cuñado de Kristina Berg e tío de Håkan Casares e Christian Casares.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia