Ciro in Babilonia, ossia La caduta di Baldassare (en galego Ciro en Babilonia, ou a caída de Baldassare) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano de Francesco Aventi baseado no Libro de Daniel 5, 1-30 da Biblia. A ópera foi estreada no Teatro Comunale de Ferrara o 14 de marzo de 1812.

Historia A primeira representación tivo lugar o 14 de marzo de 1812 no Teatro Comunale de Ferrara. A pesar de que o propio Rossini a definiu como "un dos meus fiascos", a ópera tivo unha boa acollida, como se deduce das múltiples representacións que se fixeron da mesma nos seguintes anos (o mesmo Stendhal a definiu como unha "ópera chea de graza"). Porén, trátase dun dos traballos máis febles do compositor de Pésaro.

A ópera tivo un escaso éxito debido á insuficiencia e a algúns elementos do elenco. A segunda muller Anna Savineli, segundo Rossini, había unha única nota que lle resultaba ben: o Si bemol central. O compositor, logo, tivo que escribir un aria de serbetto para Savinelli, escrita para a aria Chi disprezza gl'infelici centrada nesa única nota, garantindo deste xeito o éxito para a cantante.

A ópera caeu no esquecemento case inmediatamente: a primeira representación en tempos modernos tivo lugar en 1988 en Savona, con Daniela Dessì no papel de Amira e Ernesto Palacio no de Baldassare. Logo unha representación en Bad Wildbad en 2004 e unha en versión de concerto en París no 2008, a ópera foi finalmente representada por primeira vez no Rossini Opera Festival de Pésaro en 2012, con Ewa Podles no papel principal.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 14 de marzo de 1812(Director: - )Baldassare, rei dos asirios en BabiloniatenorEliodoro BianchiCiro, rei de PersiacontraltoMarietta MarcoliniAmira, muller de Ciro, prisioneira de BaldassaresopranoElisabetta Manfredini-GuarmaniArgene, confidente de AmiramezzosopranoAnna SavinelliZambri, príncipe babiloniobaixoGiovanni LaynerArbace, capitán dos exércitos de BaldassaretenorFrancesco SavinelliDaniello, profetabaixoGiovanni FraschiBambinopersonaxe mudoCoro masculino de Grandes do reino e soldados.

Argumento Data: 539 a.C. Lugar: BabiloniaOsborne, p. 16

Baldassare quere casar coa fermosa Amira, a muller de Ciro e agora leal a el. Ciro tenta salvar á súa muller e a seu fillo prisioneiros do cruel tirano, mais é descuberto e capturado. Baldassare cre que gañou, mais durante unha celebración un prodixio anúncialle a súa próxima morte. Os sacerdotes suxírenlle que secrifique aos prisioneiros, mais os persas están preparados para derrotar aos babilonios, liberando así a Ciro e á súa familia. Baldassare morre, e finalmente os dous esposos poden vivir en paz finalmente.

Orquestración A partitura de Rossini require o uso de: 2 frautas (II tamén piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots 2 trompa, 2 trompeta, trombón Timbal Archi

Estrutura Sinfonia

Acto I 1 Introduzione Di Babilonia i popoli (Coro, Zambri, Baldassare) 2 Duetto T'arrendi, alfin dipende (Baldassare, Amira) 3 Coro e cavatina Veh come pallido - Ciro infelice! (Ciro) 4 Aria Avrai tu pur vendetta (Arbace) 5 Aria Vorrei veder lo sposo (Amira) 6 Final do primeiro acto Guardie, olà! (Baldassare, Zambri, Ciro, Amira, Coro)

Acto II 7 Introduzione Sì bell'alma soccorrete (Coro) 8 Escena, duettino e terzetto Nello stringerti al mio petto (Ciro, Amira, Baldassare) 9 Coro Intorno fumino 10 Recitativo, temporale e scena Daniello io son (Daniele) 11 Cavatina con coro Misero me, che intesi! (Baldassare) 12 Aria Deh, per me non v'affliggete (Amira) 13 Aria Chi disprezza gl'infelici (Argene) 14 Coro, scena ed aria T'abbraccio, ti stringo (Ciro, Coro) 15 Final do segundo acto Al vincitor clemente (Coro, Ciro, Amira, Zambri)

Gravacións AnoElenco: Baldassare, Ciro, Amira, Argene Director,Teatro de ópera e orquestraSelo Gravacións de Ciro in Babilonia en operadis-opera-discography.org.uk1988 Ernesto Palacio,Caterina Calvi,Daniela Dessi,Oriana Ferraris Carlo Rizzi,Orchestra Sinfonica di Sanremo e Coro Francesco Cilea di Reggio(Gravación dunha representación no Teatro Chiabrera, Savona o 30 de outubro)CD de son: Hunt, Cat: 105;Arkadia, Cat: CDAK 105.2;Celestial Audio, Cat: CA 5022004Riccardo Botta,Annarita Gemmabella,Luisa Islam-Ali-Zade,Maria SoulisAntonino Fogliani,Württembergische Philharmonie Orchestra e ARS Brunensis Chamber Choir(Gravado en 3 rerpesentacións no Wildbad Festival, July)CD de son: NaxosCat: 8.660203/42008Cyril Auvity,Nora Gubisch,Elena de la Merced,Sophie DanemanJean-Claude Malgoire,La Grande Ecurie et La Chambre du Roy e Choeur de Chambre de Namur(Gravado nunha versión de concerto no Théâtre des Champs-Elysées o 12 de xaneiro)CD de son: Premiere OperaCat: ??

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Libreto

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Ferrara Categoría:Óperas de 1812