Galiña, ou pita (familiarmente tamén chucha ou churra), e galo (Gallus gallus domesticus) son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus de aves galiformes e fasiánidos. Os xuvenís coñécense co nome de polo ou pito. Estas aves posúen bico pequeno, crista carnosa e ás curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas. Alén da súa carne, as galiñas fornecen ovos. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24.000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da África moderna, o 90% dos fogares crían galiñas. As galiñas son aves omnívoras, mais teñen preferencia por sementes e pequenos invertebrados.

As primeiras referencias a galiñas domesticadas xorden en cerámicas corintias datadas do século VII a.C. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente en Asia, de onde é nativa a especie Gallus gallus. A pesar de que os romanos desenvolveron a primeira raza diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a presenza de aves salvaxes asiáticas na China desde -1400. Da Grecia antiga as galiñas espalláronse por Europa e os navegantes polinesios levaron estes animais nas súas viaxes de colonización do océano Pacífico, incluíndo a Illa da Pascua. A proximidade ancestral co ser humano permitiu o cruzamento destinado á crianza de diversas razas, adaptadas ás diferentes necesidades. Son tamén unha fonte de doenzas virais.

Descrición miniatura|esquerda|Cabeza dun galo. miniatura|Galiña da raza Orpington dourada.

Posúen dous tipos de protuberancias carunculares na cabeza: unha crista no píleo e uns lóbulos que colgan a ambos os dous lados do bico. O dorso cóbreo unha capa de plumas douradas desde o pescozo até as costas.

Os galos e as galiñas mostran un evidente dimorfismo sexual, e poden distinguirse ambos a primeira vista. Os machos son máis grandes, miden aproximadamente 50 cm de altura e chegan a pesar até 4 kg. Posúen unha gran crista avermellada na cabeza, a cal se interpreta como símbolo de dominancia. A cola está composta por plumas escuras grandes e arqueadas que brillan de cor azul, púrpura ou verde baixo a luz. A ambos os dous lados da súa cabeza aparecen dúas manchas brancas, que o distinguen doutras especies próximas, ademais das patas agrisadas. Nalgunhas razas as patas están provistas tamén de esporóns.

As galiñas son máis pequenas. Non adoitan medir máis de 40 cm de altura e apenas chegan a 2 kg de peso. Posúen unhas cores notablemente menos rechamantes que os galos. Os seus apéndices carnosos da cabeza son tamén moito menos prominentes.

Na estación de muda (de xuño a outubro), os machos adquiren unha plumaxe composto por plumas longas e negras cara á metade do dorso, e o resto do corpo está cuberto de plumas alaranxadas. Nas femias non é apreciable ningún cambio, aínda que igualmente mudan de plumas.

Comportamento miniatura|200px|Un galo branco de 4 meses de idade.

Son aves naturalmente gregarias, que perderon gran parte da facultade do voo debido á selección artificial do ser humano. O galo vermello salvaxe voa ben, cara a un lugar máis elevado, para pórse a salvo ou para fuxir de posibles depredadores, aínda que tamén se lle pode ver voando a ramas altas de árbores para descansar. Aínda que os exemplares domésticos case nunca fan uso da súa facultade de voo, as galiñas domésticas criadas en semiliberdade voan a sitios elevados para pasar a noite. Os galos domésticos poden chegar a ser territoriais e violentos nalgunhas razas, aínda que normalmente son bos animais de compañía, fáciles de domesticar mediante alimentación a man.

Posúen un sistema social característico cunha orde xerárquica que comeza a desenvolverse á semana de vida, e que ás sete semanas xa está completamente establecida. Hai un macho dominante, que domina sobre todos os demais, e un macho sometido a todos. As galiñas teñen unha orde xerárquica independente e non entran na dominancia dos machos.

A acción física de dominancia consiste na elevación da cola e a cabeza. A submisión móstrase de forma oposta, baixando a cabeza e a cola, agachándose e inclinando a cabeza cara a un lado. As galiñas séntense a salvo baixo a dominancia dun galo, e só se defenderán se se atopan afastadas do galo dominante. Se morre o galo dominante, o seguinte na orde xerárquica toma o cargo inmediatamente.

Na cría extensiva estes animais teñen hábitos caníbales; se ven a cor vermella debido a unha ferida noutra galiña, as demais non deixan de picala, e cáusanlle graves danos.

Alimentación É unha ave omnívora, aínda que principalmente come grans e herbas.

Canto miniatura|Galo cantando.

O galo produce un son chamado canto (descrito mediante a onomatopea "quiquiriquí" ou "cacaracá"), sempre que non estea castrado (capón). O galo canta durante todo o día, aínda que concentra os seus cantos en certos períodos do día, como son o amencer, para o que está programado xeneticamente,«Os xenes, e non a luz, fan cantar aos galos ao amencer». El País o mediodía, a media tarde e a metade da noite, entre as tres e as cinco da mañá. Estes cantos e os esporádicos que se adoitan dar ao longo do día, fóra dos períodos descritos, serven como desafío territorial a outros galos, para atraer ás femias próximas e como sinal de aviso en xeral. Tamén pode deberse a algún disturbio ao seu ao redor. Normalmente é un son máis de tipo violento ou alerta.

O galo emite ademais outros sons, esta vez xa parecidos aos que emite a femia da súa especie, chamados cacarexos, e a onomatopea usada para describilos é clocNa entrada chocar en Gran Dicionaio Século XXI da Lingua Galega. María Cruz López, Galaxia/Cumio, 2005. 2ª ed. agosto 2006, páx. 300 . Este son emíteo sobre todo cando se propón fecundar a algunha femia, ou cando atopa comida, para chamar ao resto do galiñeiro.

Reprodución A estación de reprodución comeza na primavera e prolóngase até o verán, coa intención de que os pitos nazan baixo a calor estival.

Incubación miniatura|esquerda|Os poliños nacen totalmente recubertos de penuxe, que pode ser de tons amarelos, pardos ou de ambos. miniatura|Os ovos poden ter diversas tonalidades, segundo a raza.

As galiñas poñen cada día durante varios días un ovo, no que se desenvolve o embrión, que incubarán ata que naza, daranlle calor e rotarán a súa posición durante 21 días. Coñécese como galiña choca a aquela que deixa de pór ovos e céntrase en incubalos e protexelos.

O embrión nútrese da xema, que penetra no seu interior por medio do embigo. Ao termo do primeiro día o sistema circulatorio xa será operativo dentro do ovo, e a cabeza comezará a tomar forma. Ao quinto día fórmanse os órganos sexuais, ao décimo terceiro comézase a calcificar o esqueleto usando o calcio da casca do ovo, e aos 21 días o pito está completamente desenvolvido para comezar a romper a casca, o cal lles pode levar de 10 a 20 horas. A galiña cacarexará ao ouvir piar aos pitos, para motivalos a saír do ovo.

Como non todos os ovos eclosionan ao mesmo tempo, a nai continúa incubando durante dous días desde o nacemento do primeiro dos pitos, os cales esgotan os nutrientes da xema que absorberon antes de nacer. Entre as 2 e 4 semanas despois de nacer os pitos xa teñen plumas, e ás 8 semanas xa teñen a plumaxe do adulto. Ás 8 ou 10 semanas son expulsados do grupo polas súas nais para que formen o seu propio ou se unan a outro. Aos 5 meses de idade alcanzan a madurez sexual, e adoitan ser os machos quen antes a alcanzan.Diccionario enciclopédico interactivo. Grupo Océano: Océano, pp. 51-52. Consultado o 25 de xaneiro do 2009.

Incubación artificial miniatura|Incubadora de ovos.

Os ovos de galiña poden incubarse de maneira artificial con resultados satisfactorios. Practicamente todos os pitos sairán do ovo en aproximadamente 21 días en condicións apropiadas de temperatura (37 °C) e humidade relativa (55%; elévase até o 70% nos tres últimos días, a fin de abrandar a casca).

Moitas incubadoras artificiais de tamaño industrial poden incubar miles de ovos ao mesmo tempo, incluíndo rotacións totalmente automatizadas para os ovos.

Enfermidades As galiñas son altamente susceptibles a moitos parasitos, coma os piollos, os ácaros, as carrachas, as pulgas e os nematodos. Algunhas das enfermidades que afectan ás galiñas son as seguintes:

Nome Nome común Causado porgripe aviariagripe do poloInfluenzavirus A da familia Orthomixoviridaebotulismotoxina botulínica de Clostridium BotulinumcoccidiosisCoccidiasinaarrefriado comúnarrefriadoRhinovirus, Coronavirusretención de ovosovo moi grandeerisipelaErisipelothrix Rhusiopathiaevirus da leucose aviarAlphaRetrovirusenfermidade de MarekHerpes viruscandidiaseCandida albicansMicoplasmaMycoplasmaenfermidade de NewcastleParamixoviruspsitacosisornitosis, enfermidade dos lorosClamidophyla psitacciSalmonelasalmoneloseSalmonellaperna escamentaparasitosToxoplasmoseToxoplasma gondii

Historia da súa domesticación miniatura|Os pitos domésticos son descendentes dos galos silvestres do sueste asiático.

Considérase ao galo bankiva (Gallus gallus), do sueste asiático, como o devanceiro dos galos e galiñas domésticos, con algo de hibridación do galo gris (Gallus sonneratii). A domesticación produciuse no sueste asiático polo menos hai 7.400 anos a partir do grupo nativo, e difundiuse en ondas tanto ao leste como ao oeste. Os primeiros restos arqueolóxicos indiscutidos de pitos domésticos corresponden a uns ósos de aproximadamente 5400 a.C. asociados a un sitio arqueolóxico en Chishan, na provincia chinesa de Hebei. Na rexión do Ganxes, na India, os galos bankiva eran usados polos humanos xa hai 7000 anos. En cambio, non se identificaron pitos domésticos máis antigos de 4000 anos no val do Indo, aínda que aínda se debate a antigüidade dos pitos atopados nas escavacións de Mohenjodaro.Investigating the Global Dispersal of Chickens in Prehistory Using Ancient Mitochondrial DNA Signatures, Alice A. Storey et al; PLOS ONE, julio de 2012, Volumen 7, número 7, e39171; Consultado el 6 de agosto del 2012.

miniatura|esquerda|Galo nunha moeda grega do século III a. C.

É moi probable que os primeiros galos e galiñas chegasen a occidente a través da ruta da seda. Aproximadamente no 2000 a. C. chegaron a oriente medio. En 1500 a. C., os pitos chegaran a Exipto. Existe evidencia de que os exipcios foron os primeiros en occidente en criar pitos, e este costume estendeuse despois ao redor do Mediterráneo polo mundo grecolatino. Nese momento, ademais de consumirse a súa carne e os seus ovos, usábase como ofrenda ritual nos cultos relixiosos. Hipócrates fala sobre os animais consumidos en Grecia, onde menciona aos porcos, xabarís, cervos, ourizos, galiñas, pombas e patos.Hai evidencia de que os... Consultado o 25 de xaneiro do 2009. Á remota Iberia os pitos chegaron de mans de comerciantes fenicios a comezos do primeiro milenio a. C. Aproximadamente a partir do 600 a. C. os pitos foron levados máis aló dos Alpes e estendéronse polo resto de Europa.

Na baixa Idade Media considerábase ás galiñas como carne fina. O pobo tamén comía desta carne. A finais da Idade Media e no Renacemento europeo as galiñas teñen unha grande importancia na alimentación.Na Idade Media as galiñas... Consultado o 25 de xaneiro de 2009.

Crese que a galiña foi o primeiro animal europeo que pisou o continente americano, dado que Cristovo Colón embarcou galiñas na súa segunda viaxe. As razóns polas cales Colón levou á galiña na súa viaxe foron porque ocupaba pouco espazo, a súa alimentación non era complicada e ademais producía ovos.Pénsase que a galiña foi o primeiro animal... Consultado o 25 de xaneiro de 2009.