Avelino Barrio Pérez, nado na Coruña o 10 de agosto de 1920 e finado en Buenos Aires o 30 de xuño de 1979, foi un médico e herpetólogo arxentino de orixe galega.

Traxectoria Fillo do médico Avelino Barrio López, naceu na Coruña coincidindo cunha visita do seu pai a Galicia. Estudou no Colexio Nacional de Bos Aires, e doutorouse na Universidade de Bos Aires (1948-1954). Pasou a maior parte da súa carreira nesa Universidade, e no Instituto Nacional de Microbiología Carlos Malbrán, chegando a xefe da División Herpetología y Ponzoñas. En 1969 fundou o Centro Nacional de Investigaciones Ictiológicas e consagrouse ao estudo de animais velenosos. Tamén traballou en taxonomía, e estudou o canto das ras.

Obras Observaciones sobre Lepidosiren paradoxa y fijación de material argentino. Revista Arg. de Zoogeografía III, 1943.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kraig Adler. 1989. Contributions to the History of Herpetology, Society for the study of amphibians and reptiles.

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Zoólogos da Arxentina Categoría:Biólogos da Arxentina Categoría:Médicos da Arxentina Categoría:Zoólogos de Galicia Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1979