Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires. O seu estilo pictórico evolucionou cara ó debuxo esquemático sobre planos de cor. Con Isaac Díaz Pardo recuperou a antiga fábrica de Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Durante o exilio apoiou a escritores e artistas galegos e promoveu diversas iniciativas editoriais. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994 e a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas do ano 2019.

Traxectoria miniatura|Luís Manteiga, Héctor Raurich e Seoane en Compostela en 1930. Primeiros anos Nado en Buenos Aires no ano 1910, fillo de Luis Seoane Brocos e María López Mosquera que casaran en Compostela o 18 de febreiro de 1909,Gaceta de Galicia,19-2-1909, p. 2. e emigraran a América. En 1916, con seis anos de idade, veu a Galicia, instalándose na Coruña,Biografía. Fundación Luís Seoane onde estivo uns meses, dando aquí comezo os seus estudos primarios. Porén, a súa nai recibiu unha herdanza dunha leira na parroquia piñeira de Arca e decidiron construír aí unha casa, que aínda hoxe se conserva e onde pasou boa parte da súa xuventude. Comezou a ir ao Instituto de Santiago, polo que só vivía na casa de sábado a luns na mañá e nos meses de verán. Ademais, preto do cemiterio municipal, ao sur do lugar da Igrexa, estaba a chamada Casa de Brey, que era onde vivía a súa avoa e o resto da familia materna, que visitaba a miúdo. Ao dar comezo os seus estudos universitarios, a familia mudouse a Santiago, deixando así a casa de Arca.

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Nesta cidade mergullouse no ambiente das Irmandades da Fala e da Xeración Nós, contactando cos novos escritores vinculados ás vangardas.Figuras homenaxeadas. Luís Seoane RAG. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais. Militou na Federación Universitaria Escolar.

De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña. En 1933 afiliouse ao Partido Galeguista. Colaborou asiduamente na revista Ser, de Ramón Suárez Picallo. Foi membro da Masonería. Durante esta época participou na campaña en prol do Estatuto de Autonomía.

Exilio Tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado ata que en setembro puido exiliarse a Buenos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano. miniatura|Castelao, Seoane, Eiroa e Cuadrado, en Compostela en 1932. Casou por poderes coa súa prima, a coruñesa María Elvira Fernández López (1912-2003), filla da súa tía Teresa López Mosquera e irmá de Manuel Fernández López, dende aquela máis coñecida como Maruxa Seoane. Casaron de novo, por exixencia das autoridades arxentinas, no Porto de Buenos Aires á chegada dela alí."Maruxa Seoane" Galicia Aberta. Secretaría Xeral da Emigración. Non tiveron descendencia.Testamento de María Elvira Fernández López 5/7/2000 .

En 1937 publicou o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania, Ediciones Botella al Mar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos etc.).

Unha das cousas que fixo na Arxentina foi dar a coñecer a cultura galega, para o que en 1940 fundou en Emecé Editores as coleccións Dorna e Hórreo e en 1942 a Editorial Nova, nas que se recuperaron obras de Manuel Antonio, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Macías o Namorado, Rafael Dieste, Manuel Murguía, Benito Xerónimo Feijoo, Salvador de Madariaga, Roberto Nóvoa, Ramón Otero Pedrayo, Emilia Pardo Bazán, Martín Sarmiento, Ramón María del Valle-Inclán, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao etc. De Seoane eran, ademais, as tapas e ilustracións de case todos os números."Ao pé do prelo. Luís Seoane editor e artista gráfico" Museo de Pontevedra, 17/11/2010.

Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.

Idas e vidas Regresou a España en 1960. En 1968 fixo unha exposición retrospectiva na Art Gallery Internacional de Buenos Aires e o 22 de agosto dese mesmo ano foi designado Académico de Número da Academia Nacional de Bellas Artes da Arxentina.Academia Nacional de Bellas Artes da Arxentina . Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en abril de 1979.

Legado En 1980 a súa viúva legou á Real Academia Galega 2.411 libros sobre arte e creación., Xosé Luís (2003). "A biblioteca de arte de Luís Seoane". O exilio galego, un mapa de cicatrices, Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-127-3. A biblioteca é unha das mellores na súa especialidade, cun marcado carácter internacional e composta case integramente por primeiras edicións. 276 volumes do fondo están relacionados con Pablo Picasso e os libros dedicados a Paul Klee, Joan Miró, Henri Matisse ou George Grosz teñen tamén unha notable presenza nesta colección."A dobre viaxe transatlántica da biblioteca de arte de Luís Seoane" RAG, 1/62/016.

Obra plástica miniatura|Mural El nacimiento del Teatro Argentino na sala Casaduberta do Teatro Municipal San Martín de Buenos Aires. A súa obra como artista gráfico foi moi importante: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, muralista, cartelista, pintor… Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicte ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.

A súa obra, de tendencia expresionista e próxima á abstracción, foi exposta en lugares como Buenos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas ou Hamburgo.

Teñen obra súa, entre outras, as seguintes institucións: o Museo Nacional de Artes Visuais do UruguaiMuseo Nacional de Artes Visuales, o MoMA de Nova YorkMoMA, o Museo de Belas Artes da CoruñaMuseo de Belas Artes da Coruña, a Colección AfundaciónColección Afundación, o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos MasideMuseo Maside, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, o Museo de Pontevedra, o Museo Nacional de Belas Artes da ArxentinaMuseo Nacional de Belas Artes da Arxentina, o Museo de Artes Plásticas Eduardo Sívori de Buenos Aires, o Metropolitan Museum of Art, a Free Library of Philadelphia, o Museo de Bellas Artes de Caracas, o Museo Municipal Quiñones de LeónMuseo Nunicipal Quiñones de León, o Museo Genaro Pérez de Córdoba, Arxentina, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de AméricaBiblioteca do Congreso dos Estados Unidos, a Pinacoteca Francisco Fernández del RiegoPinacoteca Francisco Fernández del Riego en turismo.gal., o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de BetanzosCentro Internacional da Estampa Contemporánea, o Museo de Arte Moderna de Buenos Aires e o Teatro San Martín de Buenos Aires.

Libros ilustrados por Seoane miniatura|Mural de 1957 de Torrallardona e Seoane no Teatro Municipal General San Martín. Ilustrou centos de libros, editados en Galicia e maioritariamente na Arxentina. Por exemplo:

Mar ao norde, de Álvaro Cunqueiro. Nós, Santiago de Compostela, 1932. Huellas, de Feliciano Rolán. Nós, Santiago de Compostela, 1932. Poemas do si e non, de Álvaro Cunqueiro. Ediciós Ún, Lugo, 1933. Corazón ao vento, de Aquilino Iglesia Alvariño. Ediciós Ún, Lugo, 1933. Cantiga nova que se chama Riveira, de Cunqueiro. Resol, Santiago de Compostela, 1933. Torres de amor, de Lorenzo Varela. Editorial Nova, Buenos Aires, 1942. Historias e invenciones de Félix Muriel, de Rafael Dieste. Nova, Buenos Aires, 1943. Lonxe, de Lorenzo Varela. Botella al Mar, Buenos Aires, 1954. Cartas a Lelo, de Xosé Neira Vilas. Ediciós do Castro, 1971."Cartas a Lelo" na páxina web da Fundación Neira Vilas. Farsas para títeres, de Eduardo Blanco Amor, Ediciós do Castro, 1973.

miniatura|200px|Pintando o mural Los músicos na Galería Santa Fe en 1953.

Murais Seoane fixo o seu primeiro mural en Buenos Aires en 1943, no restaurante La Casa de Troya da Avenida de Mayo, nun edificio hoxe desaparecido. Na cidade consérvanse, catalogados, 25 murais nos barrios de Recoleta, Retiro, San Nicolás, Balvanera e Belgrano, 11 deles situados en lugares públicos como galerías comerciais ou teatros e 14 en recibidores de edificios particulares. Algúns exemplos son:"Luis seoane, recorrido por sus murales". Buenos Aires Ciudad e Xunta de Galicia, 2016 .

Av. Santa Fe 1660, Marcelo T. de Alvear 1645, Recoleta. Galería Santa Fe. Los músicos. Fresco, bóveda lateral. 1953-1954. Montevideo 1920, Recoleta, edificio particular. Las Carretas. Mural combinando cerámica e resinas sintéticas. 1956. Av. Corrientes 1530, San Nicolás. Teatro General San Martín. El nacimiento del Teatro Argentino. 35x11m. 1957. Florida 971, San Martín 948, Retiro. Galería Larreta. Taracea de mármores sobre fondo de mármore travertino. 1958. Marcelo T. de Alvear 1260, Libertad 948, Retiro. Galería Las Victorias. Mater Galeciae. 1958 Esmeralda 1075/77, Retiro. Edificio de vivendas e oficinas, Ing. Lázaro Goldstein. Las pescadoras e vidreira. 1959. Esmeralda 561 - Tucumán 764, San Nicolás. Galería del Centro. Homenaje a Guamán Poma de Ayala. 10x6m. 1960.

Obra literaria Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas etc.Luís Seoane, Enciclopedia Historia da Literatura Galega AS-PG.

Tamén se dedicou á poesía e no 1977 Ediciós do Castro publicou a súa obra poética completa.

En 2023 Pablo García Martínez publicou Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane (2023). Santiago: Laiovento. 124 páxs. ISBN 978-84-8487-623-6.

Obra en galego

Poesía miniatura|De la Vega, Seoane, Parpagnoli, Noé e Deira no Bar Moderno de Buenos Aires en 1962. Fardel de eisilado (Buenos Aires, Ediciós Anxel Casal, 1952).Fardel de eisilado Consello da Cultura Galega. Na brétema, Sant-Iago (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1956).Na brétema nunha edición de 1977 na Biblioteca Virtual Galega. As cicatrices (Buenos Aires, Editorial Citania, 1959). A maior abondamento (Buenos Aires, Cuco-Rei, 1972). Obra poética. Limiar de Basilio Losada. (Sada, Ediciós do Castro, 1977).

Narrativa

Tres follas de ruda e un allo verde (inédito).Publicado en tradución castelá: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948). "Un cristo na montaña", conto publicado en Galicia Emigrante n.º 2 en 1954.

Teatro miniatura|Seoane e Díaz Pardo cos Núñez Búa, Sofovich e Scheimberg en 1962 en Magdalena, o centro cerámico onde ambos os dous idearon o Laboratorio de Formas. A soldadeira (Ediciós do Castro).Publicada en tradución castelá: La soldadera (Buenos Aires, Editorial Ariadna, 1957). Esquema de farsa, publicada na revista Galicia Emigrante en 1957. O irlandés astrólogo, edición bilingüe (Ediciós do Castro, 1980).

Ensaio

Eiroa (Vigo, Galaxia, 1957). Inclúe 27 gravados. Castelao artista (Buenos Aires, Alborada, 1969). Comunicacións mesturadas (Vigo, Editorial Galaxia, 1973). George Grosz (Sada, Ediciós do Castro, 1975). Textos encol da arte galega (Cadernos da Gadaña, Brais Pinto, 1979). Textos sobre arte galega e deseño (Vigo, Edicións A Nosa Terra, 1994).