Godsend é un filme estadounidense dirixido por Nick Hamm que se estreou no 2004.
Sinopse Paul e Jessie Duncan (Greg Kinnear e Rebecca Romijn) perderon a Adam (Cameron Bright), o seu fillo de oito anos, nun tráxico accidente. Durante os preparativos do enterro, o doutor Richard Wells (Robert De Niro) failles unha proposta incrible: clonar ó seu fillo para devolverlle a vida. O matrimonio agarda volver ó seu fillo, a pesar dos inconvenientes legais, éticos e morais. O segredo que se lles esixe é insignificante comparado co feito de que o seu fillo teña outra vez a oportunidade de vivir. A parella debe entón trasladarse a Riverton, onde Adam será clonado na impresionante clínica de fertilidade de Wells.
Personaxes Greg Kinnear como Paul Duncan Rebecca Romijn como Jessie Duncan Robert De Niro como Richard Wells Cameron Bright como Adam Duncan Janet Bailey como Cora Williams Christopher Britton como Dr. Lieber Jake Simons como Dan Sandler Elle Downs como Clara Sandler Zoie Palmer como Susan Pierce Devon Bostick como Zachary Clark Wells Munro Chambers como Max Shaw
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes sobre clonación