O Aeroporto de Melilla é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 3 quilómetros do centro da cidade de Melilla (España). A súa situación fai deste aeroporto a entrada ao continente africano para turistas e negocios europeos. O aeroporto convértese en internacional o 30 de xullo de 2012 por anuncio da aeroliña Helitt de facer unha ruta con Casablanca (Marrocos).
Historia
O aeroporto foi inaugurado en 1969, para substituír definitivamente ao aeroporto de Tauima, poboado situado no antigo Protectorado español en Marrocos.
Comezou a operar nel, Spantax cun De Havilland Canada DHC-6 Twin Otter, e máis tarde, cun De Havilland Canada DHC-7.
En 1980, Spantax foi substituída por Aviaco, filial por aquel entón de Iberia L.A.E., que utilizaría un Fokker F27.
En 1992, entraría Binter Mediterráneo, tamén filial de Iberia, que operaba con CN-235, e que máis tarde substituíu a Aviaco.
En 1995, entrou en servizo PauknAir, que operaba con BAe 146, e que rompeu co monopolio de Iberia nas operacións desde Melilla. Dita aeroliña cesaría as súas operacións en 1998.
Definitivamente, en 2001, Air Nostrum adquiriu Binter Mediterráneo, quedándose así co monopolio das rutas.
O 2004, terminan as obras de ampliación da pista, pasando así de ter 1344 metros, a ter 1428 metros.
A principios de 2009, chegaron rumores de que Air Europa quería operar desde Melilla cun dos seus Embraer 195, rumores que pouco despois confirmaría a propia aeroliña.
O 21 de novembro de 2011 Helitt Líneas Aéreas iniciou operacións coa ruta inaugural Málaga-Melilla; unha semana despois comezou a operar a liña Melilla-Barcelona e o día 2 de decembro, a ruta Melilla-Madrid; que volvía romper co monopolio de Iberia nas operacións desde Melilla.
Aeroliñas e destinos
Estatísticas Número de pasaxeiros, operacións e carga desde o ano 2000Aena Airport Statistics for 2000-2008: + Ano Pasaxeiros Operacións 2000263.7518.9166502001229.8068.7075872002211.9668.0135462003223.4379.0174792004245.102 9.098 3872005271.589 9.296 3232006313.543 10.696 4312007339.244 11.146 4342008314.643 10.959 3862009293.695 9.245 3502010292.608 8.935 3402011286.701 9.119 2652012315.850 9.922 2352013289.551 7.893 1642014319.603 8.873 1362015317.806 8.409 1362016330.1168.5351412017324.3667.9561342018348.1218.0851272019434.6609.7681342020195.6365.158322021332.4467.82892022447.4509.772222023501.06910.75525 Fonte: Estadísticas de Aena
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio do aeroporto en aena.es Plan Director do Aeroporto de Melilla
Melilla Categoría:Melilla