A historia da arte é unha disciplina científica e humanística que ten como obxectivo a análise da produción artística desenvolta ao longo da historia da humanidade, prestando especial atención aos procesos de creación e a súa contribución á cultura.
Esta disciplina comezou a tomar forma en Europa no século XV coa aparición dos primeiros tratados sobre pintura, que contiñan algúns comentarios históricos, e deu un paso fundamental no XVI grazas a Giorgio Vasari e a súa recompilación de biografías: Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori. En 1764, Johann Winckelmann publicou o seu libro Geschichte der Kunst des Alterthums ("Historia da Arte da Antigüidade"), o primeiro escrito que enlaza arte e historia nunha análise da Grecia e Roma antigas. A finais do século XVIII, gañou a admiración dos pensadores máis destacados do seu tempo converténdose nun pioneiro e inspirando o movemento neoclasicista. A historia da arte floreceu como disciplina académica no século XIX.
Os primeiros historiadores da arte centráronse na tradición europea e, a mediados do século XX, estableceuse unha narrativa estándar que rastrexaba o seu desenvolvemento dende o Mediterráneo prehistórico, antigo e medieval ata a Europa moderna. A arte do resto do mundo adoitaba tratarse marxinalmente e dende unha perspectiva colonialista.
Os cambios socioculturais que tiveron lugar no século XX levaron a emendar estas narrativas. O enfoque tradicional na pintura, escultura e arquitectura ampliouse para incluír as chamadas artes menores, como a cerámica ou os téxtiles, e medios contemporáneos, coma o vídeo; o interese pola arte non occidental aumentou e os relatos que antes só presentaban homes brancos foron revisados para incluír artistas de cor e mulleres.
Arte prehistórica
A arte prehistórica é toda aquela feita en culturas precedentes á invención dos sistemas de escritura, abarcando un período tan longo que se adoita dividir o seu estudo en outros dous: o Paleolítico e o Neolítico. Cómpre ter en conta que a súa datación varía segundo a rexión, en función do momento no que cada sociedade alcanzou determinados fitos culturais e tecnolóxicos.
Arte paleolítica
O Paleolítico, que se estende dende o uso das primeiras ferramentas de pedra ata arredor do 10000 a.C., coincidindo coa fin da última glaciación, caracterízase pola aparición de dúas formas principais de expresión artística. Por unha banda está a arte rupestre, tamén coñecida como arte parietal, que consiste en gravados ou pinturas de figuras e signos feitos en paredes e teitos de covas. Estas eran realizadas con lapis de cores e pinturas elaboradas a partir de minerais e terras naturais con propiedades colorantes. Por outra, está a arte moble, que designa todas as pezas portábeis gravadas ou esculpidas en materiais como óso, cornamenta, marfil ou pedra. Inclúe ferramentas e armas con elementos ornamentais, bloques gravados con debuxos e esculturas exentas que representan humanos e animais, dentro das que destacan as figuras femininas coñecidas como venus.
Entre as obras máis antigas coñecidas feitas polo Homo sapiens atópase un debuxo abstracto de hai uns 73.000 anos, descuberto na cova de Blombos, en Suráfrica. No caso da arte figurativa, destacan pola súa antigüidade a pintura rupestre dun porco na cova de Leang Tedongnge e a escultura da Venus de Hohle Fels.
Arte neolítica O Neolítico comeza coa introdución da agricultura e a domesticación de animais arredor do 10000 a. C. e remata coa aparición da metalurxia. Este período supuxo un cambio profundo nas sociedades humanas: a vida sedentaria consolidouse, impulsáronse transformacións sociais e económicas, a tecnoloxía avanzou coas ferramentas de pedra pulida e desenvolvéronse artesanías como a cerámica e a tecedura. Arte da Idade Antiga
Arte mesopotámica
Arte exipcia
Arte grega
Arte etrusca
Arte romana
Arte da Idade Media
Arte paleocristiá
Arte bizantina
Arte islámica
Arte prerrománica
Arte románica
Arte gótica
Arte da Idade Moderna
Arte do Renacemento
Barroco
Rococó
Neoclasicismo
Romanticismo
Arte da Idade Contemporánea
Realismo
Impresionismo
Modernismo
Vangardas
Por localización xeográfica Arte europea Arte africana Arte bérber | Arte mourisca Arte asiática Arte do Próximo Oriente: Arte islámica Arte do Extremo Oriente: Arte chinesa (Cerámica) | Arte xaponesa (arquitectura | cerámica) | Arte tibetana | Arte indiana Arte americana Arte precolombiana: (Mesoamérica) - Arte olmeca | Arte tolteca | Arte maia | Arte azteca | (Andes) - Arte inca Arte norteamericana: Arte india Arte oceania Arte aborixe
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estética Historia da arquitectura Historia do cinema Historia da pintura Ligazóns externas Historia das Artes Plásticas .