miniatura|200px|Wallace H. Hartley no centro da fotografía. Wallace Henry Hartley, nado o 2 de xuño de 1878 e finado o 15 de abril de 1912 no océano Atlántico norte, foi un violinista, director da orquestra que viaxaba no RMS Titanic na súa viaxe inaugural. Fíxose famoso ao dirixir aos oito membros do grupo mentres o barco se afundía o 15 de abril de 1912.
Unha das máis famosas lendas do RMS Titanic é a relativa a súa banda de música. Durante o naufraxio, os oito membros da banda, dirixidos por Wallace, situáronse no salón de primeira clase nun intento de que os pasaxeiros non perderan a esperanza. Máis tarde continuaron tocando na parte de popa da cuberta de botes. Non deixaron de tocar incluso cando xa era seguro que o barco afundiría.
Sen superviventes Ningún dos integrantes da banda sobreviviu ao naufraxio e desde entón houbo moita especulación respecto a cal foi a última melodía que interpretaron. Algúns testemuños din que a derradeira canción foi o himno "Nearer, my God, to Thee" (Máis Preto, Oh Deus de Ti). Por outra banda, existen tres versións da devandita canción en ninguén puido confirmar exactamente cal delas foi a que interpretaron e se realmente foi a última.
O corpo de Hartley foi un dos recuperados que puido ser identificado. O seu funeral en Inglaterra contou coa presenza de miles de persoas. A pesar de ser considerado como un heroe no seu país, a navieira White Star Line cobrou a súa familia polo custo da perda do seu uniforme.
Véxase tamén Ligazóns externas Wallace Hartley en Titanic-Titanic.com (en Inglés) Wallace Hartley's Monumento en Titanic-Titanic.com Wallace Hartley Información na Encyclopedia Titanica
Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Tripulación do RMS Titanic Categoría:Nados en Lancashire