Alma Gallega foi unha publicación semanal editada na Habana en 1917, escrita integramente en lingua castelá.
Historia e características Subtitulada Órgano radical de las aspiraciones de la Región, apareceu o 6 de xaneiro de 1917. Na portada aparece unha alegoría coa figura de Concepción Arenal. Estaba dirixida por Luís E. Rey. Incluía poesía amatoria, temas da emigración e actividades do Centro Gallego. Publicou poemas de Salvador Rueda, Enrique Mal de Vizoso e José María Calveiro e traballos de temática diversa de Abdón Rodríguez Santos, Jesús Peynó Piñeiro, Constantino Horta, Alfonso Camín e Juan Joaquín Otero. A revista foi favorable á acción do Centro Galego, e divulgou as súas actividades. Só saíron uns poucos números.Repertorio da prensa galega da emigración Consello da Cultura Galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Alma Gallega (A Habana, 1910) Alma Gallega (A Habana, 1939) Ligazóns externas Xornais e revistas de Cuba enciclopediadaemigraciongalega.com
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana