miniatura|Dúas pitas cegas, organismos comúns no neusto. En ecoloxía, oceanografía e limnoloxía denomínase neusto ou neustonRAG/ILG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 18ª ed., § 9.16. «Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -on átona: canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson». O termo necton vén do grego νηκτόν nēkton, "acto de nadar", "natación".O termo neuston vén do grego νευστόν neuston, "o que nada", "nadador".BUSCaTermos neuston ao conxunto dos organismos de pequeno tamaño (algúns microscópicos) que se encontran ligados á capa superficial das augas, é dicir, á interface auga/atmosfera.Dajoz, Roger e Leiva Morales, María José (2003): Tratado de Ecología. Mundi-prensa Libros. ISBN 978-84-7114-828-5, p. 586. Fraume Restrepo, Néstor Julio (2007): Diccionario ambiental, 2ª ed. ECOE. ISBN 978-958-648-462-6, p. 303.
Primeiro uso, tipos e derivados miniatura|Os copépodos son uns dos microorganismos neustónicos máis abundantes.Lámina de Ernst Haeckel en Kunstformen der Natur (1904).. miniatura|A carabela portuguesa (Physalia physalis). O termo neusto (neuston), derivado do adxectivo grego νευστόν neuston, "o que nada", "nadador" (tamén "flotante"), foi introducido en 1917 polo limnólogo E. Naumann (1891–1934).Naumann, E. (1917): "Beiträge zur Kenntnis des Teichnannoplanktons. II. Über das Neuston des Süsswassers", Biologisches Zentralblatt, 37: 98-106.
Na definición orixinal non se tiñan en conta máis que os organismos en contacto coa tensión superficial da película da superficie e que se encontraban por riba ou por debaixo dela. Pero posteriormente o significado do termo ampliouse e diversificouse.Gladyshev, M. I. (2002): Biophysics of the surface microlayer of aquatic ecosystems. International Water Association. ISBN 1-900222-17-5, p. 86..
Denomínase epineusto aos organismos que viven na fase aérea (sobre a película de auga), e hiponeusto aos da fase acuosa (por debaixo dela).
O adxectivo para cualificar ao relacionado con neusto é neustónico.neusto-, neust-, -neuston, -neustonic en Word Information.
Categorías Esta categoría de organismos acuáticos foi dividida en varias subcategorías,Burchardt, L. & Dutkiewicz, E. (2007): "Neuston: The amazing world between water and air". Oceanological and Hydrobiological Studies, 36, Suplemento 1. ISSN 1730-413X, pp. 227–232. cuxas definicións poden variar segundo os autores e as disciplinas; en particular, os usos a miúdo difiren entre a limnoloxía (augas doces) e a oceanografía.
A primeira subdivisión foi a antecitada, referida á posición dos organismos en relación á superficie da película: epineusto, os que viven por riba da superficie, e hiponeusto, referido a aqueles que ocupan a capa superficial do líquido elemento inmediatamente por debaixo da superficie. O termo supraneusto, moito máis raro, utilízase frecuentemente como sinónimo de epineusto, en particular en hidrobioloxía; pero entre os biólogos mariños, e especialmente os microbiólogos, pode referirse ás comunidades de microorganismos que viven na película superficial.Tsyban, A. V. (1971): "Marine bacterioneuston". Journal of Oceanography, 27 (2): 56–66. Resumo. O seu antónimo é infraneusto.
Outra categoría importante é o pleusto ou pleuston, aínda que non hai unanimidade para a súa definición. O termo construíuse co radical pleust-, do grego τό ρλευστόν to pleuston, "navegante", "flotante".pleusto-, pleust- en Word Information. No medio mariño aplícase case sempre aos seres vivos que flotan na superficie e cuxos desprazamentos son pasivos, é dicir, que se rexen polas correntes da auga ou polo vento.Johanna G. Baretta-Bekker; E. K. Duursma e Bouwe R. Kuipers (1992): Encyclopedia of Marine Sciences. Berlin: Springler-Verlag. ISBN 3-540-54501-8. Resumo. Os animais acuáticos perfectamente adaptados a esta forma de vida teñen flotadores que poden superar a superficie e servir como unha vela, como ocorre na carabela portuguesa (Physalia physalis).
Mais para moitos limnólogos, o neusto non representaría máis que a fracción dos organismos de pequeno tamaño, incluso microscópicos, relacionados coa superficie, mentres que o pleusto correspondería aos organismos de gran tamaño.G. Balvay Composition de la biocénose d'un lac. Outra clasificación baseada no talle distingue o piconeusto, onde o tamaño pode ser inferior a 2 μm, do microneusto e do macroneusto, cuxos representante poden medir un metro ou máis.Hardy, J. T. (1997): Biological effects of chemicals in the sea-surface microlayer. Cambridge (RU): Cambridge University Press, páxs. 339–370. Resumo.
O neusto pode tamén categorizarse en función dos tipos de organismos que o compoñen. Pódese así falar de bacterioneusto, a fracción bacteriana do neuston, do fitotoneusto (a vexetal), ou do zooneusto (a dos animais) e mesmo do ictioneusto (a constituída só polos peixes).
Especies concernidas A partir dos anos 1960 comezou a estudarse en profundidade esta capa e o medio que a compón.Hardy, J. T. (1982): "The sea surface microlayer: Biology, chemistry and anthropogenic enrichment", Progress in Oceanography, 11 (4): 307-328. Resumo.
Xa que corresponde á superficie de todos os océanos e augas continentais, o dominio do neusto ocupa máis do 70% da superficie do mundo, e a súa biodiversidade conta probabelmente con milleiros de especies. A maior parte dos taxons de seres vivos están representados, polo menos en certas etapas do seu ciclo biolóxico. Non é necesario forzosamente que un organismo viva permanentemente na veciñanza da superficie das augas para que sexa considerado como integrante deste ecosistema.Marshall, H. G. & Burchardt, L. (2005): "Neuston: Its definition with a historical review regarding its concept and community structure", Archiv für Hydrobiologie, 164 (4): 429-448. Resumo. Numerosos organismos peláxicos son, en efecto, susceptíbeis de faceren desprazamentos entre a auga e a superficie, e o desenvolvemento dun número considerábel de especies peláxicas e bentónicas pasa por fases (ovos, larvas) que se desenvolven nas capas superficiais das masas de auga.
Entre os organismos máis comúns que compoñen o medio neustónico encóntranse as bacterias, os copépodoss e as algas diatomeas, crisoficeas e xantoficeas. Entre os depredadores destaca o zooplancto.Neuston en Enciclopedia Microsoft Encarta Online.
Cómpre sinalar que en ocasións fórmanse na superficie unhas finas películas azuladas constituídas por fitoplancto e bacterias que teñen unha actividade moi elevada, aínda que a súa duración non exceda dunhas poucas horas. Estas formacións esporádicas denomínanse slicks, e poden degradar o petróleo cru en augas contaminadas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Categoría:Ecoloxía Categoría:Oceanografía Categoría:Termos zoolóxicos