Alfredo Martínez Martínez, nado na Coruña en 1889 e finado no mesmo concello o 24 de febreiro de 1972,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-2-1972, p. 19. foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante en Mondoñedo, na República foi vocal Liga Mindoniense (1932), militou en Izquierda Republicana da que foi tesoureiro (1935) e foi delegado de Socorro Rojo Internacional. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria foi condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada a cadea perpetua.

Vida persoal

Casou en Lugo con Emilia González Alonso en 1912.Gaceta de Galicia, 4-1-1912, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1889

Categoría:Finados en 1972