Alejo Diz Jurado, nado en Tui o 23 de setembro de 1885 e finado na mesma vila o 30 de outubro de 1936, foi médico e político galego.
Traxectoria Fillo dos comerciantes Ignacio Diz e Gerarda Jurado, estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o efémero semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B. Con este mesmo pseudónimo asinou as crónicas "De una ciudad del Miño", publicadas en La Raza de Pontevedra. Foi alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Coa proclamación da Segunda República volveu ser alcalde de Tui en 1931. Afiliouse a Izquierda Republicana. En 1934 estivo en Dinamarca para investigar os sistemas de aseguramento sanitario en Centroeuropa e así valorar as posibilidades de implantación en España."Para estudiar la implantación del seguro de socorro por enfermedad" La Vanguardia, 12/7/1934 . miniatura|300px|Vodas de prata da promoción de Medicina de 1907. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Vigo o 13 de outubro de 1936 acusado de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui, con Darío Álvarez Limeses. Vida persoal
Casou en 1915 con Concepción Rodríguez Caballero, coa que tivo seis fillos. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Simón Lorda, David (2005) "Médicos represaliados en el Franquismo: Ourense y Galicia (1936-1959)"
Categoría:Médicos de Tui Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados