Cristina Corral Soilán, nada en Lugo o 5 de xullo de 1976, é unha escritora galega.

Traxectoria É xornalista, graduada en Educación Primaria e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa. Realizou os Cursos de Doutoramento no programa de Educación, Diploma de Estudios Avanzados (DEA) en Educación e Creatividade: Aplicacións Tecnolóxicas, Sociais e Psicopedagóxicas na UCJC. Tamén estudou o Grao de Educación Primaria na UDC.

Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Ten exercido como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española. Colaborou con diversas revistas como Xistral ou Trasluz e foi editora domagazine cultural A revolta.A revolta . Tamén publicou artigos en Galicia Dixital, Sermos Galiza, Praza Pública ou Galicia Confidencial. Na actualidade é redactora xefa do Diario de Marín.

Dende o ano 2015 traballou co alumnado dos Institutos galegos a temática da memoria da muller. En 2017 levou a cabo o proxecto Mulleres para á memoria co alumnado de 4º da ESO do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra"Estudantes do IES da Xunqueira entrevistan os seus maiores para coñecer o pasado" , Informativos de TVG, 18 de xuño de 2017. Dende 2017 codirixe o proxecto ESPORA (Escolas pola Radio)http://espora.eu/.

Obra Poesía Anxos de pedra (2001) Scio. 61 páxs. ISBN 978-84-931885-0-4. Esencia de trementina (2008). Scio. Bilingüe. Ficar (2018). Urutau. 60 páxs. ISBN 9788571050471.

Literatura infanto-xuvenil Irene en el Sáhara (2011). Solidaridad Internacional. Cuentos del mundo. En castelán. Os poemas do río (2012). Everest Galicia. 36 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román. ISBN Ilustracións Aurora Cascudo Román. Obra teatral en verso. A historia fascinante da vaca rodante (2013). Everest Galicia. 32 páxs. Ilustracións de Aurora Cascudo Román e Miguel Noval Bouza. ISBN 978-8440312211. De paseo con Crunia (2015). Embora.42 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román. De paseo con Paulo (2015) Embora. 42 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román. ISBN 978-84-16456-11-6. De paseo con Helena (2017). Embora. 40 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román. ISBN 978-84-16456-64-2. Don Ferretín Ferretón e o seu cadelo lambón (2018). Barafunda. 32 páxs. ISBN 978-84-941985-2-6. Ilustracións Aurora Cascudo Román. No Faiado (2022). Embora. ISBN 9788417824556. Con Leandro Lamas. Poesía infantil.

Obras colectivas Un feixe de poesía na porta (2013). A porta verde do sétimo andar. Alén do silencio (2014). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico. Manuel María, libro colectivo de homenaxe (2017). Deputación provincial de Lugo. Un xardín de medio lado. 17 poetas da Urutau na Galiza (2019). Urutau. Quem dera o sangue (2020). Urutau 25N, trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021). Alvarellos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da autora Presentación Ficar na Libraría Paz de Pontevedra, 02/02/2019

Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela