Balbino Cerdeiras Rey, nado en Viveiro en 1903 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un dentista e político galego.
Traxectoria
Estivo emigrado en Cuba. Regresou a Viveiro e na Segunda República militou no Partido Galegista. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro en representación do Partido Galeguista polo gobernador civil,El Progreso, 7-3-1936, p. 2. e alcalde de Viveiro en abril de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido con algúns concelleiros o 27 de xullo, permaneceu en situación de arresto domiciliario durante varios días, até que ingresou no cárcere a principios de agosto. Foi xulgado en consello de guerra, xunto con outros membros da corporación municipal, acusado de rebelión militar o 11 de marzo de 1937.El Compostelano, 12-3-1937, p. 2. Condenado a pena de morte, foi fusilado en Lugo o 12 de maio de 1937. Homenaxes O paseo fluvial que percorre o río Landro dende Verxeles até Portochao leva, dende o ano 2007, o seu nome, ademais recibiu diversas homenaxes, xunto con outros represaliados polo franquismo, a último realizada por Galiza Nova o 18 de decembro de 2010.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1937