Para o xornalista véxase Víctor Gulías Vicioso. Víctor Manuel Gulías Fernández, nado no Carballiño en 1970 e finado na Coruña o 28 de xaneiro de 2012,"Pesar polo pasamento do profesor e director do CITIC Víctor Gulías" , Código Cero'', 30/1/2012. foi un programador informático, empresario e investigador galego.
Traxectoria Víctor Gulías comezou a impartir clase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña na década de 1990, onde comezou sendo profesor axudante e acadou a praza de titular. Doutorouse en 2001 por esa mesma universidade.
A partir de 2000 desenvolveu co seu equipo de investigación un sistema de vídeo baixo demanda programado con Erlang. En 2003 funda a empresa Lambda Stream, apoiándose nesa investigación, para desenvolver economicamente ese sistema de vídeo baixo demanda"Lambda Stream lleva la tele comprimida a medio mundo", El País, 10/6/2012 . En catro anos a empresa conseguiu abrir oficinas en Dubai e Zürich, e facturar dous millóns de euros anuais, ata que os seus propietarios a venderon a un fondo de investimento suízo. Posteriormente desenvolveu o proxecto Syntheractive, unha plataforma para crear contidos televisivos 2D e 3D interactivos.
Galardóns O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia concedeulle a título póstumo o Premio Traxectoria Profesional. Tamén a facultade onde impartía clase, a de Informática da Coruña, lle puxo o seu nome ao salón de graos.
Notas
Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes