Vassiriki Abou Diaby, nado o 11 de maio de 1986 en París, é un futbolista francés retirado que xogaba de centrocampista. Ademais, foi internacional na selección de Francia.
Traxectoria Club Diaby comezou a súa carreira futbolística no CM Aubervilliers, equipo da súa cidade natal. En 1998, fichou polo Red Star Paris. Un ano antes, Diaby foi seleccionado para ir á academia Clairefontaine. Pasou catro anos na academia ó mesmo tempo que adestraba co Red Star. Un ano antes de irse de Clairefontaine, Diaby foise ó Paris Saint-Germain, pero debido a un erro administrativo do club que fixo que Diaby fose axente libre, uniuse á academia do AJ Auxerre. Pasou dous anos na academia antes de debutar coma profesional na tempada 2004-05.
En xaneiro de 2006, Diaby fichou polo Arsenal FC inglés. Fixo o seu debut co equipo nese mesmo mes, e anotou o seu primeiro gol tres meses máis tarde contra o Aston Villa. Cinco meses despois de fichar polo Arsenal, sufriu unha grave lesión de nocello, e dende entón tivo moitos problemas coas lesións.
Selección Diaby pasou polas categorías sub-19 e sub-21 de Francia, antes de facer o seu debut na selección absoluta en marzo de 2007 contra Lituania, nun partido de clasificación para a Eurocopa de 2008. Ademais, representou a Francia no Mundial de fútbol de 2010.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web do Arsenal FC
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1986 Categoría:Franceses de ascendencia marfilesa Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do AJ Auxerre Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia