Telmo Rodríguez Alonso, nado en Barcela (Arbo) en 1880 e finado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Emigrado en Cuba, foi directivo da sociedade Hijos del Distrito de Arbo.El Pueblo Gallego, 3/3/1927, p. 13. Na República regresou a Arbo. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Arbo en febreiro de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Telmo Rodríguez Alonso, concelleiro de “Izquierda Republicana”, vilmente asasinado na Volta do Couto, Tenorio, en novembro de 1936
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Concelleiros de Arbo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Arbo Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1880