Danijel Pranjić, nado en Našice o 2 de decembro de 1981, é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Panathinaikos.

Traxectoria Formouse como lateral ou centrocampista zurdo nas categorías inferiores do NK Osijek, debutando no primeiro equipo o 26 de xullo de 2002.

Ao cabo de dous anos ficha polo NK Dinamo Zagreb, co que debuta na Copa da UEFA. As súas boas actuacións nesta competición levano a fichar polo SC Heerenveen da Eredivise dos Países Baixos. No equipo holandés militou catro tempadas a moi bo nivel, proclamándose campións da Copa na tempada 2008-09 e sendo nomeado mellor xogador de Holanda.

No ano 2009 fichou polo Bayern Múnic, militou no club bávaro tres tempadas, disputando dúas finais da Copa de Europa.

En 2012 finaliza contrato co Bayern e ficha polo Sporting de Lisboa, porén non chega a adaptarse ao equipo, que pasaba por un dos peores momento deportivos en moitos anos, e foi cedido no mercado de inverno dese mesmo ano.

Así fichaba polo Celta de Vigo en xaneiro de 2013 en calidade de cedido con opción de compra a final de tempada.

Coa Selección de fútbol de Croacia disputou 45 encontros co combinado absoluto, participando na Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 como titular.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador Ficha do xogador

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Xogadores do NK Osijek Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do SC Heerenveen Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Panathinaikos FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Nados no condado de Osijek-Baranja Categoría:Xogadores do Anorthosis Famagusta FC Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014