A Illana é un lugar da parroquia de Fisteus no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres).

Mercado local Na Illana celébrase unha das feiras locais máis coñecida e con máis sona na zona, mencionada xa por Lucas Labrada na Descripción económica del Reyno de Galicia (1804) e no Dicionario de Madoz (1847, cando tiña 40 habitantes), pola fama dos queixos que alí venden. A feira do queixo da Illana celébrase no campo da Illana, o día 5 de cada mes. Os queixos de tetilla chegaron a ser coñecidos e chamarse queixos da Illana.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Fisteus

Parroquias de Curtis

Notas

Categoría:Lugares de Curtis