Joheun nom nabbeun nom isanghan nom (en ) que traducido ó galego é O bo, o malo, o raro, é un filme surcoreano dirixido por Kim Ji-woon que se estreou no 2008. Está inspirado no filme de Sergio Leone O bo, o feo e o malo.
Sinopse Na convulsa Manchuria dos anos 30, o mapa dun tesouro vai poñer trala súa pista a chineses, xaponeses e coreanos, e vai enfrontar un cazarecompesas (o bo), un asasino a soldo afeccionado a cortar dedos (o malo) e un inclasificable bandido (o raro). Homenaxe con sabor kimchi a unha das obras capitais de Sergio Leone.
Personaxes Song Kang-ho como Yoon Tae-goo, o raro. Lee Byung-hun como Park Chang-yi, o malo. Jung Woo-sung como Park Do-won, o bo. Yoon Je-moon como Byeong-choon. Ryoo Seung-soo como Man-gil. Song Yeong-chang como Kim Pan-joo. Son Byeong-ho como Seo Jae-sik. Oh Dal-su como Park Seo-bang. Uhm Ji-won como Na-yeon (cameo).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes de CJ Entertainment Categoría:Filmes dirixidos por Kim Ji-woon Categoría:Filmes rodados na China