A Terceira Onda é unha ideoloxía político-social baseada no libro de Alvin Toffler que leva o mesmo nome (en inglés The Third Wave) publicado en 1980 e no que se fala dunha nova era social unha vez quedaron superadas as eras da Revolución Agrícola (primeira onda) e a Revolución Industrial (segunda onda). A súa lectura permite entender que procesos como a globalización estean máis preto da evolución humana ou da evolución cultural que dunha conspiración de poderosos.

Na era social da Terceira Onda, grazas ás posibilidades que veñen facilitadas pola Revolución das TIC (Tecnoloxías da información e da comunicación), a sociedade reconfigúrase para superar os modelos de goberno, economía e comunicacións estruturados ao redor da produción centralizada (industrialismo capitalista e comunista) para afacerse a novos modelos estimulados por novas posibilidades (democracia participativa, economía globalizada e Internet).

Notas

Categoría:Socioloxía Categoría:Ideoloxías políticas Categoría:Experimentos psicolóxicos