Falconsat 3 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de marzo de 2007 mediante un foguete Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.

Características Falconsat 3 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. A súa misión foi probar un sistema de estabilización do satélite nos tres eixos, ademais de levar tres experimentos adicionais a bordo. A súa masa era de 50 kg e foi inxectado nunha órbita inicial de 570 km de apoxeo e 561 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 35,4 graos e un período de 95,9 minutos.

Os tres experimentos a bordo de Falconsat 3 eran:

Flat Plasma Spectrometer (FLAPS): analizador electrostático para medir o espectro dos ións. Plasma Local Anomalous Noise Environment (PLANE): analizador de potencial retardado capaz de distinguir entre a turbulencia ambiente da inducida polo satélite. Micro-Propulsion Attitude Control System (MPACS): un sistema de propulsión en miniatura consistente nun conxunto de propulsores de plasma alimentados por teflón usados para estabilizar o satélite.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Falconsat 1 Falconsat 5 Falconsat 6 Falconsat 7

Categoría:Satélites artificiais