Manuel Ferreiro Badía, nado na Coruña en 1944, é un escultor galego.

Traxectoria miniatura|Obra no Museo de Escultura al Aire Libre de Alcalá de Henares. A súa obra abarca os diversos campos de creación artística como son a escultura, a pintura, medalla, a cerámica ou o deseño. Destaca principalmente pola súa creación escultórica, incluída a medallística, o que o levou a gañar importantes premios e a estar representado en diversos museos e institucións, tanto nacionais como internacionais.

Manuel Ferreiro Badía gañou en 1985 o primeiro Premio Tomás Francisco Prieto da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, coa súa obra "Percepcións", un dos máis importantes premios europeos de medallística.

Destaca a súa produción de retratos escultóricos e a abundante obra pública do autor.

Obras en museos e institucións Museo Nacional de Escultura - Valladolid Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Madrid Museo de Escultura al aire libre - Cáceres Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa- MACUF - A Coruña Museo V Centenario - Huelva Museo de Escultura al Aire Libre de Alcalá de Henares Museo Arte Contemporánea Aracena Fundación Rodríguez Iglesias - A Coruña Preissler Kunsthalle, Pforzhein - Alemaña Colección Nova Galicia Banco Xunta de Galicia Parlamento de Galicia Colección Municipal - A Coruña Deputación Provincial - A Coruña

Obra pública miniatura|Monumento a Castelao nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. 1982 - Monumento a Simón Bolívar – A Coruña 1986 - Esculturas-Mares, Deputación da Coruña 1986 - Monumento a Castelao – A Coruña 1988 - Monumento a Pablo Iglesias Posse – A Coruña 1989 - Monumento a Pablo Picasso – A Coruña 1991 - Monumento a Rosalía de Castro – A Coruña 1992 - Intervención Plástica, en elevado Autoestrada A-9 nudo Norte-Pontevedra 1993 - Deseño áreas de descanso, de estradas dependentes da Xunta de Galicia 1993 - Monumento a Rosalía de Castro – Ferrol 1993 - Intervención plástica en enlaces Arteixo e Laracha, Autoestrada A-55 1994 - Monumento a Torrente Ballester no Campus Universitario – Ferrol 1995 - Mural no depósito para subministración de auga – Ézaro 1997 - Monumento a Rafael Bárez – Oleiros, A Coruña 1998 - Monumento ós Trobadores – Illa de San Simón 1999 - Monumento a Camilo Díaz Baliño – Ferrol 2002 - Intervención plástica en espaldones, portos da Guarda e Baiona 2003 - Monumento a Camilo José Cela – Padrón, A Coruña 2004 - Peza “Mar Ártabro”- Paseo Marítimo, A Coruña 2005 - Monumento ó Camiño - Lourenzá, Lugo

Exposicións Manuel Ferreiro Badia realizou 22 exposicións individuais, e participou en 52 exposicións colectivas das que se poden destacar as seguintes:

1981 - Exposición Internacional F.I.D.E.M. - Lisboa 1983 - Muestra Internacional de Medallística – Florencia 1984 - Certame Hispano-Galo, Casa de Velázquez – Madrid 1984 - Exposición Sala Municipal Kiosco Alfonso – A Coruña 1984 - Expotrén Galicia Itinerante 1985 - Exposición Internacional – Barcelona 1986 - Exposición en Udine - Italia 1986 - Exposición Internacional en Lorient - Francia 1987 - Exposición no ANA Money Museum - Colorado Springs, EEUU 1990 - XI Bienal de Arte - Pontevedra 1995 - XI Bienal Internacional del Deporte en las Bellas Artes - Madrid 1997 - Exposición Galicia Terra Única – Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela 1997 - III Bienal de Pintura Gran Bazán - Vilanova de Arousa 2001 - VII Mostra Unión Fenosa.( Obra "Coraza Clásica, Adquisición) 2004 - Exposición Internacional F.I.D.E.M. - Seixal, Portugal 2005 - IV Bienal Internacional de Medalha Contemporánea – Seixal, Portugal (Obra "Ática", Mención de Honor) 2008 - Exposición colectiva The Art of Participation del SFMOMA, San Francisco Museum of Modern Art - San Francisco, EEUU. 2008 - Exposición “Arte Gallega Contemporánea” no Museo de Arte y Arqueología - Viana do Castelo, Portugal. 2009 - Exposición "Lyrical Symposium". Galería Comercial - Chelsea, Nova York, EEUU. 2009 - Ukranian Art Week - Kíiv, Ucraína. (Obra "Gold", Terceiro Premio)

Véxase tamén

Bibliografía La escultura contemporánea en Valladolid. Ministerio de Cultura-Museo Nacional de Escultura.1980 Plástica Gallega. Francisco Pablos. Caixa de Aforros Municipal de Vigo.1981. Arte Gallego. Editorial Alhambra.1982. Medallistas españoles y franceses. Fábrica Nacional de Moneda y Timbre & Monaie de Paris & Academie des Beaux Arts de Paris.1984. Escultura Gallega del siglo XX. La escultura en Galicia y su significación en la escultura española. Francisco José Portela Sandoval.1985. Aproximación a la escultura pública monumental en Galicia. Mercedes Gallego. 1990. A arte. Carmen Pena López. Biblioteca Básica da Cultura Galega, Editorial Galaxia SA. 1992. Diccionario de pintores y escultores del siglo XX. Francisco de Pablos. Editorial Forum, Madrid. 1994. La escultura pública de Ferrol.P.J. González Rodriguez. Concello de Ferrol. 1995. La escultura pública en Pontevedra. Mercedes Gallego. Deputación de Pontevedra. 1996. Galicia Terra Única. Tomo 9. Mercedes Rozas Caeiro, Severino Penelas. Consellería de Educación e Comunicación Social. 1997. Gran Enciclopedia Galega. Editorial Maria do Rosario San Luis. 1999. Galicia Arte. Tomo XVI. Editorial Hércules de Ediciones SA. 1999. Artistas Escultores. 2º Tomo. Marta Gerveno. Editorial Nova Galicia Edicións. 2002. Norba-Arte. Volumen XXII-XXIII. Moisés Bazán de Huerta. Universidade de Extremadura. 2003.

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1944 Categoría:Premio Tomás Francisco Prieto Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes