Something Else by The Kinks, ás veces referido só como Something Else, é o quinto álbum da banda británica de rock The Kinks, editado o 15 de setembro de 1967. O álbum é a última participación do produtor estadounidense Shel Talmy nas gravacións dos 60 da banda; a partir dese momento Ray Davies pasaría a ser o produtor. Moitas das cancións do disco contan cos teclados de Nicky Hopkins e os coros da muller de Ray, Rasa. Foron ublicados dous sinxelos deste traballo: "Waterloo Sunset" e "Death of a Clown". No ano 2003 o álbum foi situado no posto 288 da lista da revista Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Kinks Categoría:Álbums musicais de 1967 Categoría:Álbums de Pye Records Categoría:Álbums de Reprise Records