miniatura|dereita|Edificio Paraninfo - Antiga Facultade de Medicina e Ciencias A Universidade de Zaragoza é un centro de educación superior público, repartida xeograficamente entre os campus de Zaragoza, Huesca, Jaca, Teruel e La Almunia de Doña Godina, todos eles na Comunidade Autónoma de Aragón (España).
Fundada en 1542, reúne en 2008 a máis de 32.000 estudantes e 3.500 membros docentes entre os seus 22 centros e 74 titulacións e estudos propios. O seu actual reitor é Manuel López Pérez.
Historia As orixes da ensinanza superior en Aragón remóntanse á lendaria Academia fundada en Huesca por Quinto Sertorio (século I a.C). En 1354 Pedro IV de Aragón funda a Universidade Sertoriana de Huesca, que desaparecerá en 1845. Máis tarde, grazas á Igrexa e por man do bispo Braulio, formaríanse as Escolas eclesiásticas con sede en Zaragoza. Estas evolucionarán entre os séculos XII e XIV até que, en 1474, créase o chamado «Estudo xeral de artes» de Zaragoza. Con todo, e debido á oposición encontrada, non foi até 1583 cando, da man do seu fundador (Pedro Cerbuna), se aproban os estatutos da nova Universidade de Zaragoza.
Algúns dos seus profesores ilustres foron Gaspar Lax, matemático; o humanista Juan Lorenzo Palmireno; o xurista José de Sessé; o pedagogo Pedro Simón Abril; o historiador Diego de Espés; o helenista Lorente; o xurista Portolés; o canonista Ejea; o botánico Florencio Ballarín Causada; o médico Ricardo Royo Villanova; o bibliógrafo Félix Latassa; e o xeógrafo Antillón y Montiano, primeiro director da Real Academia da Historia.
Entre os seus alumnos estiveron o humanista Miguel Servet; o historiador Jerónimo Blancas; o arcebispo Pedro Apaolaza Ramírez; o matemático Julio Rey Pastor; o político e escritor cubano José Martí; Santiago Ramón y Cajal, Premio Nobel de Medicina en 1906; Manuel Azaña, presidente da II República; a bibliotecaria María Moliner, autora do famoso Diccionario de uso del español; o cantautor e político José Antonio Labordeta e o debuxante Antonio Mingote.
Escolas e facultades A Universidade de Zaragoza ten as seguintes escolas efacultades: Escola de Enxeñaría e Arquitectura Escola Politécnica Superior Facultade de Ciencias Facultade de Ciencias Humanas e da Educación de Huesca Facultade de Ciencias da Saúde Facultade de Ciencias da Saúde e do Deporte de Huesca Facultade de Ciencias Sociais e Humanas Facultade de Ciencias Sociais e do Traballo Facultade de Dereito Facultade de Economía e Empresa Facultade de Educación Facultade de Empresa e Xestión Pública Facultade de Filosofía e Letras Facultade de Medicina Facultade de Veterinaria Escola Universitaria Politécnica de Teruel
Centros adscritos EU de Enfermería de Huesca EU de Enfermería de Teruel Escola Universitaria Politécnica de La Almunia de Doña Godina EU de Turismo de Zaragoza Centro Universitario da Defensa
Reitores Lista de reitores da Universidade de Zaragoza.
250px|miniatura|Manuel López, reitor desde 2008.
Juan Marco (1583?) Florencio Ballarín Causada (1846?) Eusebio Lera (1848-54) Gerónimo Borao Clemente (1855-56, 1868-72, 1874-79) Simón Martín Sanz (1857-60, 1864) Jacobo de Olleta (1858-59, 1866-67) Pablo González Huebra (1865) Enrique Sánchez-Muñoz Bassiero (1868) José Nieto Álvarez (1872-74) José Nadal Escudero (1879-84) Martín Villar García (1884-85, 1890-92) Antonio Hernández Fajerdés (1890-93, 1900) Mariano Ripollés Baranda (1900-07) Hipólito Casas Gómez de Andino (1907-10) Andrés Giménez Soler (1911-13) Ricardo Royo Villanova (1913-19) Antonio de Gregorio Rocasolano (1929-31) Domingo Miral López (1931) Gil Gil y Gil (1931-32) Paulino Savirón Caravantes (1932-35) Gonzalo Calamita Álvarez (1935-41) Miguel Sancho Izquierdo (1941-54) Juan Cabrera Felipe (1954-68) Justiniano Casas Peláez (1968-72) Agustín Vicente Gella (1972-74) Narciso Murillo Ferrol (1974-78) Federico López Mateos (1979-84) Vicente Camarena Badía (1984-92) Juan José Badiola (1992-2000) Felipe Pétriz Calvo (2000-2008) Manuel López Pérez (2008- 2012)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web oficial da Universidade de Zaragoza Escola Universitaria Politécnica de La Almunia de Dª Godina da Universidade de Zaragoza Páxina web oficial do Campus de Huesca da Universidade de Zaragoza Páxina web oficial do Campus de Teruel da Universidade de Zaragoza
Categoría:Universidade de Zaragoza