Huell Burnley Howser, nado en Gallatin, Tennessee o 18 de outubro de 1945 e finado o 7 de xaneiro de 2013 en Palm Springs, California, foi un actor, produtor, cantante, presentador de televisión, escritor e actor de voz estadounidense. É máis coñecido por presentar, producir e escribir California's Gold, o seu programa de interese humano producido por KCET nos Ánxeles para a canle PBS de California. Tamén puxo a voz de Backson en Winnie the Pooh (2011).

Traxectoria Howser naceu en Gallatin, Tennessee, o 18 de outubro de 1945, fillo de Harold Chamberlain e Jewell Havens (Burnley) Howser. O nome de Howser é un mestura dos nomes dos seus pais, Harold e Jewell, segundo Howser o explicou en California's Gold no episodio "Smartsville."

Graduouse en historia na Universidade de Tennessee, onde foi presidente do corpo estudantil.

Filmografía Ano Título Papel 2006 Who Killed the Electric Car? Xornalista 2009 The Simpsons El mesmo Voz Episodio "O Brother, Where Bart Thou?" 2011 Winnie the Pooh Backson Voz

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web da Huell Howser

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Actores de Tennessee Categoría:Nados en Tennessee Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América