Michael Krohn-Dehli, nado en Copenhaguen o 6 de xullo de 1983, é un exfutbolista danés. Xogaba na demarcación de centrocampista e foi internacional coa selección dinamarquesa.
Traxectoria miniatura|270px|Krohn Dheli en 2012 Comezou a xogar en Dinamarca no Rosenhoj BK, Hvidovre IF e Brondby IF. Con 19 anos ficha polas categorías inferiores do Ajax Amsterdam dirixidas por Danny Blind, porén tras non convencer ao adestrador do primeiro equipo, Ronald Koeman, marchou libre ao RKC Waalwijk co que debutou na Eredivisie.
Ao cabo de dous anos foi repescado polo Ajax, pero tras disputar tres encontros marchou cedido ao Sparta Rotterdam e traspasado ao ano seguinte ao danés Brondby IF, onde por fin tivo continuidade, chegando a disputar a Copa da UEFA.
O 22 de agosto de 2012 foi traspasado ao Celta de Vigo
O 29 de xaneiro de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, converténdose no primeiro e único danés na historia do club coruñés.
Coa selección É internacional coa Selección de fútbol de Dinamarca, coa que debutou o 11 de outubro de 2006 na fase clasificatoria para a Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 contra Liechtenstein.
O 9 de xuño de 2012 marcou o primeiro gol nunha Eurocopa, ante Países Baixos. 24 encontros
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na páxina da UEFA
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Futbolistas de Dinamarca Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Rosenhoj BK Categoría:Xogadores do Hvidovre IF Categoría:Xogadores do RKC Waalwijk Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do Sparta Rotterdam Categoría:Xogadores do Brøndby IF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Dinamarca