Ramiro Torres Maceiras, nado na Coruña o 15 de decembro de 1973, é un poeta galego.

Traxectoria É diplomado en Graduado social na UdC.Entrevista co autor. Colabora no grupo surrealista galego Xalundes, e en publicacións como Poseidónia ou Agália. En 2013 publicou o seu poemario Esplendor arcano, que inclúe unha ilustración de Alba Torres Ferreiro e un poema-epílogo de Pedro Casteleiro. Adoita escribir coa norma reintegracionista.

Participou como membro no Grupo Surrealista Galego e como codirector na revista digital Palavra Comum. Colabora na revista dixital Quiasmo.

Nas eleccións municipais de 2015 en Galicia, formou parte da listaxe electoral do BNG para o concello de Oza Cesuras.

É editor habitual na Galipedia desde 2011.

Obra Poesía Esplendor arcano (2013). Grupo Surrealista Galego. ISBN 978-84-616-1788-3. Hipnose encarnada (2025). Culleredo: Espiral Maior. 61 páxs. ISBN 9791399118216.

Obras colectivas Áncora no alén, com gravuras de divers@s artistas plástic@s e poemas, dedicada à figura de Urbano Lugrís, em 2008. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1973 Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Wikimedistas Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña