O StubHub Center, antes coñecido como The Home Depot Center, é un estadio multiúsos estadounidense situado na Universidade Estatal de California en Carson, California. Está situado aproximadamente a 16 km ao sur do centro da cidade dos Ánxeles. Con capacidade para 27.000 espectadores para fútbol e de 30.000 para fútbol americano, actualmente serve como estadio local para Los Angeles Galaxy da Major League Soccer (MLS) e Los Angeles Chargers da National Football League (NFL).

Historia Inaugurado no ano 2003 co nome de The Home Depot Center, en 2013 mudou a súa denominación a StubHub Center. Foi o segundo estadio da MLS designado especificamente para o fútbol. Actualmente o único equipo que xoga de local neste estadio é Los Angeles Galaxy, xa que os outros dous equipos que tamén o facían (Chivas USA e o equipo feminino, Los Angeles Sol) desapareceron. O estadio foi lugar de grandes acontecementos deportivos coma a final da Copa do Mundo feminina 2003, os MLS All-Star Game tamén en 2003 e en diversas ocasións foi sede da MLS Cup (6 veces). Ademais do foi sede de peleas de boxeo, das tres primeiras edicións do USA Sevens e no 2005 do USA Outdoor Track and Field Championships entre outros eventos. Tamén acolleu no seu interior concertos de grupos como Heroes del Silencio,https://gl.wikipedia.org/wiki/H%C3%A9roes_del_Silencio_Tour_2007 Green Day ou Linkin Park.

Panorámica do estadio

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do estadio

Referencias

Categoría:Estadios de fútbol dos Estados Unidos de América Categoría:Estadios da NFL Categoría:Los Angeles Galaxy Categoría:Los Angeles Chargers