Itero del Castillo é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 104 habitantes (INE 2012).

Historia Está situada no Camiño Francés, a 12 km de Castrojeriz no límite da actual provincia de Palencia, na fronteira dos antigos reinos de Castela e de León.

Ermida

A ermida medieval, mencionada nas Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio, sufriu diversas transformacións ao longo dos séculos e hoxe emprégase como albergue de peregrinos.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de escudos coa vieira

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Concellos da provincia de Burgos Categoría:Localidades do Camiño Francés