A espelta ou trigo vermello (Triticum spelta), é unha especie común de cereal do xénero Triticum. Pertence aos trigos hexaploides pola presenza na súa conformación de 21 cromosomas. É un cereal adaptado a climas duros, húmidos e fríos.
A espelta provén da escanda brava (Triticum dicoccoides Kór.): cruzamento natural (hibridación) entre Triticum boeticum Boiss e, posibelmente, Aegilops speltoides Tausch, presentes no próximo Oriente e documentado dende hai 7 milenios - en xacementos arqueolóxicos do Iraq, Israel e Turquía (Harlan, 1976)-. Espallouse axiña polo Mediterráneo e na Península Ibérica foi explotada dende os mesmos inicios da agricultura, hai uns 5 milenios (Hopf, 1987).
Dende a Idade Media cultívase en Galicia, Asturias, Suíza, o Tirol e no sur de Alemaña. A famosa abadesa Santa Hildegarda de Bingen escribe sobre a espelta no seu libro Liber Simplicis Medicinae: "A espelta é o mellor gran. É nutritivo e mellor tolerado que calquera outro gran. A espelta fornece a quen a come de todos os nutrientes para ter unha óptima saúde e aporta unha mente feliz. Non importa como se tome, xa sexa como pan ou doutro xeito, porque é boa e doada de dixerir".
A colleita por hectárea é inferior á do trigo e o procesamento é máis difícil, mais atura un clima máis rudo e é máis resistente contra enfermidades. Con todo, no século XX diminuíu o seu cultivo, por ter un mao rendemento. No sur de Alemaña coléctase parte da produción de espelta crúa para despois torrala. Úsase para a preparación de pans, cervexas, vodkas, potaxes e albóndegas vexetarianas.
Nos últimos anos a espelta aos poucos vai retomando o sona, en particular na sección biolóxica. Unha das razóns é que os alérxicos aprecian que conteña menos glute e tamén a presenza de ácidos graxos omega-3, omega-6 e omega-9, ademais de minerais.NUTRITIONAL VALUE AND BAKING APPLICATIONSOF SPELT WHEAT Hai moitos cruzamentos da espelta co trigo comúnP. Bertin, D. Grégoire, S. Massart, D. de Froidmont: „High level of genetic diversity among spelt germplasm revealed by microsatellite markers“. En: Genome. 47, 2004, S. 1043–1054, mais para utilizar a espelta como substituto do trigo esta ten que ser pura. O seu consumo orixina menos alerxias ca o trigo, porén ao conter tamén glute, de ningunha maneira é apta para celíacos.
Contido nutritivo Valor enerxético: 1415 KJ/338 Kcal por 100 g Substancia Cantidade Auga 11,02 g Proteína 14,57 g Graxa 2,43 g Glícido 70,19 g Fibra 10,7 g Sodio 3,0 mg Potasio 447 mg Calcio 22 mg Fósforo 401 mg Magnesio 136 mg Ferro 4,44 mg Cinc 3,28 mg Flúor 0,06 mg Vitamina E 0,79 mg Vitamina B1 0,36 mg Vitamina B2 0,11 mg Vitamina B3 6,84 mg Vitamina B6 0,23 mg Vitamina B9 45 μg
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Trigo Trigo común Ligazóns externas "El caviar de los cereales: La Espelta" - Propiedades del cereal, molienda,aplicaciones culinarias y otras aplicaciones (en castelán) "Comunidade da espelta suíza"
Categoría:Cereais Categoría:Triticum Categoría:Plantas descritas en 1753