miniatura|Debuxo dun pé de pataca En botánica, tubérculo refírese ao caule arredondado que algunhas plantas verdes desenvolven por baixo do chan como órganos de reserva de enerxía (en xeral amidón e inulina). O exemplo máis coñecido é a pataca.
As plantas úsanos para sobrevivir ao inverno ou aos meses máis secos, fornecendo enerxía e nutrientes durante a próxima estación de crecemento. Alén diso serven coma un medio de reprodución asexuada.Rooting cuttings of tropical trees, London: Commonwealth Science Council, 1993, pp. 11, ISBN 978-0-85092-394-0 Posúe pequenas follas escamentas e xemas minúsculas coñecidas como "ollos". Eses "ollos" agroman, dando orixe a novas plantas, que retiran o seu alimento do tubérculo, até que as propias raíces e follas se formen.http://www.dicio.com.br/tuberculo/
A reprodución deste tipo de plantas faise por semente, aínda que tamén se pode facer por plantación do mesmo tubérculo, como se fai case sempre coa pataca.
Exemplos Pataca; Begonia tuberosa; Cará/Iñames, xénero Dioscorea; Taioba, xénero Xanthosoma; Taro (Colocasia esculenta); Ciclamino; Anredera cordifolia; Plectranthus esculentus (un tipo de menta Lamiaceae); Trufas; Oxalis tuberosa; Caladium; Sinningia; Tupinambo (Helianthus tuberosus); Chufa (Cyperus esculentus).
Raíces tuberosas e bulbos Os tubérculos son diferentes das raíces tuberosas como a pataca doce (Ipomoea batatas), a beterraba (Beta spp.), a cenoria ou a mandioca (Manihot utilissima), que almacenan os seus nutrientes na propia raíz, moito máis desenvolvida que a dos tubérculos. Tamén se diferencian dos bulbos como cebolas e allo, que a pesar de usaren parte do caule, tamén usan follas modificadas, coñecidas como catafilos para almacenar nutrientes.http://educador.brasilescola.com/estrategias-ensino/tuberculos-bulbos-raizes-tuberosas.htm
Notas
Véxase tamén Rizoma Raíz tuberosa Plantas bulbosas Bulbo
Ligazóns externas Cal é a diferenza entre raíz tuberosa, bulbos e tubérculos (en portugués)
Categoría:Órganos de almacenamento vexetais Categoría:Termos botánicos Categoría:Hortalizas Categoría:Reprodución asexual